PRESENTACIÓN DO LIBRO SPORTING GUARDÉS, CONMEMORATIVO DO MÁIS DE MEDIO SÉCULO DE EXISTENCIA DO CLUBE GUARDESISTA
Na imaxe, un intre da presentación do libro Sporting Guardés
Infogauda / A Guarda
Como era de prever, alomenos para os que xa en días precedentes, tiñamos esa previsión, o salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, resultou insuficiente para dar cabida á tódalas persoas que asistiron o sábado día 15 de decembro de 2012, o acto de presentación do libro Sporting Guardés, no que se recolle una síntese dos máis de 50 anos de existencia deste clube.
O evento escomenzou arredor das 20:30 h., e decir con cáseque 30 minutos de demora sobre o horario previsto, debido a que os orgaizadores estaban agardando polo presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, que presidiu o acto, presentado por Agustín Franco Lomba.
Abriu o turno de intervencións, Manuel Lomba de la Peña, primeiro presidente do Sporting Guardés, que fora elexido para ese cárrego cando contaba con tan soio 15 anos de edade, o que nos da unha idea das inquedanzas daqueles mozos (Manuel Lomba de la Peña, Guillermo Ruiz Silva, Antonio Cividanes Gómez, Agustín Franco Lomba, Antonio Martínez Vicente, José Antonio Vicente Lomba, Rogelio Vicente Lomba, Ángel Goyás Portela, Antonio Martínez Pérez, Eliseo Berridy Alonso, Víctor Manuel Rodríguez González, Andrés Costoya Franco, Manuel González Portela, José Santiago Vicente, Julio Pereira López, Joaquín Fernández Gómez, Florentino Urgal González e Fernando Pérez Sierra), que o día 2 de marzo de 1958 - segundo consta na devandita publicación que onte foi presentada - fundaron o clube Sporting Guardés.
Rematada á intervención de Manuel Lomba de la Peña, interviu Rafael Louzán Abal, quen salientou que a historia deste clube que en marzo próximo cumplirá 55 anos, había que recollela n´un libro, porque doutro xeito co tempo perderíanse moitos datos. Por iso, desde á Deputación de Pontevedra se apoiou esta publicación, como no seu momento se fixo coa dotación de herba sintética o Campo Municipal de A Sangriña, e que como viu de interesarse do seu estado co actual presidente do clube Víctor Manuel Lomba González, tamén se apoiará súa renovación cando así o requira. Polo de agora, segundo ven de ser informado, está en perfectas condicións, pero cando sexa preciso o cambio do material que cubre a plataforma se fará.
Logo da intervención do presidente da Deputación de Pontevedra, corresponderíalle o uso da palabra, o actual presidente do clube Sporting Guardés, Victor Manuel Lomba González, quen reñeceu o traballo, empeño e adicación dos moitos directivos e colabouradores que, sen ánemo de lucro permitiron que a día de hoxe ainda poidamos disfroitar do Sporting Guardés e súa historia.
Tamén agradeceu á labor das persoas que desinteresadamente fixeron que esta publicación sexa unha realidade, e que creeron nela desde o primeiro día, traballando duro para recopilar información escrita e fotográfica de todos estes anos de historia, así como de aqueles que cederon documentos para comparti-los.
Deseguido tivo lugar á entrega de diplomas conmemorativos aos fundadores i ex-presidentes, sendo recollidos na súa meirande parte polas persoas interesadas, e naqueles casos en que xa faleceron ou están ausentes por residiren fora de A Guarda, por algúns familiares dos mesmos.
Asemade foille concedido un diploma a José María Silva Vicente, que ademáis de haber sido xogador do Sporting Guardés foi adestrador deste clube o longo de moitas tempadas. Recolleu á distinción seu fillo José Manuel Silva Vicente.
Igoalmente foille entregado un diploma a Jesús, de Camposancos, que con 95 anos de edade, recolleu tamén o aprezo de tódolos presentes, pola súa adicación o longo de moitos anos, o coidado do céspede do Estadio do Trega, que sendo eloxiado por moitos equipos e figuras futbolísicas como o mítico Ricardo Zamora, Argila, Padrón, Villar, Paquito, Luis Aragonés, Zamorita, etc., sería inutilizado como terreo de xogo un 18 de outubro de 1986, cando entraron as pás excavadoras nese recinto deportivo, desfacendo o céspede, destrozando gradas, tribunas e demáis construccións, para así deixar inservible a nivel deportivo toda á instalación. Ese foi, sen lugar a ningún tipo de dúbidas, un lamentable capítulo da historia recente do pobo de A Guarda, que queda refletido na publicación presentada.
O turno de intervención sería pechado polo alcalde de A Guarda.
Antes da dar por concluida á presentación, a maioría dos membros fundadores do Sporting Guardés e algúns ex-xogadores, subiron o esceario para facerse unha foto xunto coas autoridades que interviñeron na presentación.
Jesús - a dereita da imaxe - saudado por dous ex-xogadores do Sporting Guardés, Manuel Sobrino Sobrino e Manuel José Fernández Gómez.
O remate do acto tódalas persoas que asistiron o mesmo foron agasalladas con un exemplar do libro que foi editado pola Deputación de Pontevedra, e cuia autoría lle corresponde o clube Sporting Guardés, si ben traballaron arreo no seu contido Antolín Salinas Pérez, Agustin Franco Lomba, Albero Franco Lomba, Rodrigo Pacheco Alonso, David Parada Fernández, Manuel Sobrino Sobrino, Fernando Martínez Vicente e Antonio Martínez Vicente.
O libro foi impreso no obradoiro de Gráficas Laguardia, S. L., de A Guarda.
A publicación, con unha tirada de 1.300 exemplares, ten un deseño moi actual, ainda que botamos de menos un índice; inclúe unha boa relación de fotografías, tanto en b/n como en cor, e uns textos que nos informan sobor dos datos correspondentes á fundación do clube, seus comezos pouco doados, os primeiros encontros amigables, á inscripción do Sporting Guardés, como clube adherido, na Federación Galega de Fútbol, na primaveira de 1963, e a primeira competición oficial que tamén foi nese ano. Logo virían ás competicións zonais e posteriormente á Serie A e á consolidación do clube nesa categoría, para pasar a 1ª Rexional, na tempada 1978-1979 e na seguinte, na que acadaría o ascenso a Serie A / Rexional Preferente, non sen pasar por moitas vicisitudes que de xeito resumido recóllense no libro. Tamén se reflicte á actuación do Sporting Guardés ó longo de dúas tempadas na Terceira División Nacional, sendo presidente do clube José Luis Alonso Riego.
O libro foi impreso no obradoiro de Gráficas Laguardia, S. L., de A Guarda.
A publicación, con unha tirada de 1.300 exemplares, ten un deseño moi actual, ainda que botamos de menos un índice; inclúe unha boa relación de fotografías, tanto en b/n como en cor, e uns textos que nos informan sobor dos datos correspondentes á fundación do clube, seus comezos pouco doados, os primeiros encontros amigables, á inscripción do Sporting Guardés, como clube adherido, na Federación Galega de Fútbol, na primaveira de 1963, e a primeira competición oficial que tamén foi nese ano. Logo virían ás competicións zonais e posteriormente á Serie A e á consolidación do clube nesa categoría, para pasar a 1ª Rexional, na tempada 1978-1979 e na seguinte, na que acadaría o ascenso a Serie A / Rexional Preferente, non sen pasar por moitas vicisitudes que de xeito resumido recóllense no libro. Tamén se reflicte á actuación do Sporting Guardés ó longo de dúas tempadas na Terceira División Nacional, sendo presidente do clube José Luis Alonso Riego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario