14 de nov. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 13 Nov 2012 03:32 PM PST
folga
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) chama a todos os traballadores do sector da comunicación a secundar á folga xeral deste mércores, 14 de novembro. O SXG destaca que por vez primeira tamén os asalariados dos diarios en papel están convocados ao paro o mesmo día que o resto de proletarios, e non un día antes, como sucedeu nos anteriores paros xerais.


 
Posted: 13 Nov 2012 03:23 PM PST
vigo-cumbre
-Durante a xornada de folga xeral deste mércores 14 de novembro haberá puntos de recepción e documentos para asinar na Praza América e nas Travesas (Vigo)

A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro bota andar nas redes e nas rúas unha campaña cidadá cara a presentar alegacións contra o parque eólico que a Xunta de Galicia ten proxectado instalar neste enclave miñorano. O tempo aprema e o vindeiro 30 de novembro pecha o prazo para presentar as devanditas alegacións na Xunta. Por iso, a Plataforma xunto con decenas de organizacións sociais de toda Galicia poñen a disposición un modelo de alegación para descargar e asinar. As mesmas deberán ser entregadas antes desa data

 
Posted: 13 Nov 2012 03:01 PM PST
protesta ngb_vigo
O BNG de Gondomar expresou o seu apoio aos afectados polas participacións preferentes que nestes días están a mobilizarse ante a oficina de Novagalicia Banco de Gondomar, sucursal en que se tramitaron estas participacións a pequenos aforradores que non foron informados do risco da operación que contrataban.


 
Posted: 13 Nov 2012 02:43 PM PST
Sean-Poynter-presenta-una-n
O surfeiro norteamericano Sean Poynter, líder do ranking mundial na modalidade de Stand Up Paddle, visitou o martes 13 de novembro as praias de Nigrán. A cita tivo por obxecto presentar unha nova liña de táboas de surf Starboard.


 
Posted: 13 Nov 2012 09:16 AM PST
A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, abre o prazo de inscrición no curso de prevención de riscos laborais específico para o sector da hostalaría. O curso ten unha duración de 30 horas presenciais realizado dende o 26 de novembro ata o 18 de decembro (durante a semana do 3 o 7 de decembro as clases suspenderanse debido á ponte da Constitución), nas Dependencias do Centro Antena Municipal en horario de tarde 17:00 as 20:00 horas.

 
Posted: 13 Nov 2012 05:10 AM PST
O Concello de Gondomar informou o martes 13 de novembro o comezo das obras de mellora na capa de rodadura nos camiños de Porros e Mosteiro (Donas), así como o camiño Igrexa – Pintor (Chaín). A administración aplicará un investimento de 81.846,12 euros provenientes do PEIM (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio rural).

 
Posted: 13 Nov 2012 12:49 AM PST
Cartaz da convocatoria de EU
ESQUERDA UNIDA do Val Miñor, organización integrante da nova formación política que concurriu ás recentes eleccións autonómicas Alternativa Galega de Esquerda, fixo onte un chamamento aos veciños e veciñas do Val Miñor a concentrarse na Ramallosa o día 14 de novembro co gallo da folga xeral convocada para ese día.

A concentración, que será unha mostra de apoio á convocatoria de folga xeral, está programada para as 17:00 do mércores 14 de novembro fronte a Capela de San Campio, na rotonda de Ramallosa en Nigrán.

 
Posted: 12 Nov 2012 04:21 PM PST
A concellaría de Educación e a de Tráfico do concello de Nigrán, a través da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e en colaboración coa Policía Local de Nigrán, organizou nas últimas semanas charlas informativas cos estudantes de infantil e primaria dos diferentes centros escolares de Nigrán. Estas sesións formativas centráronse nas condutas peonís seguras, a utilización do cinto de seguridade e dos distintos sistemas de retención infantil, a faceta de viaxeiro no vehículo familiar, as boas prácticas no autobús escolar e o uso da bicicleta como elemento de transporte.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario