9 de nov. de 2012

TOMIÑO


A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGAIZA A DOCUMENTACIÓN DO ARQUIVO DO CONCELLO DE TOMIÑO QUE CONTA CON 22.503 REXISTROS DENDE O ANO 1893
O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Tomiño, con 549 novas unidades de instalación e 66 metros lineais de documentación, que corresponde ósdous últimos anos.
Esta actuación enmárcaseno proceso de asistencia técnica permanente ósconcellos en temas de patrimonio documental, que, no caso de Tomiño, se iniciou en 1989 e se desenvolveu en sucesivas fase de profundización informativa e actualizacións e informatización nos anos 1990, 1991, 1997, 2001, 2003, 2007, 2009, 2010 e 2012.
O resultado é un conxunto documental organizado, debidamente instalado, de fácil manexo e consulta e de conservación garantida, composto por 5.229 unidades de instalación, con documentación sobre todo do século e vinte, con datas extremas que van de 1893 ata o 2012.
Dispón o arquivo dos instrumentos suficientes para o seumanexo e control, sobre todo a base de datos do inventario descritivo formado por 22.503 rexistros que describena maior parte dos fondos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario