7 de nov. de 2012

A GUARDA

O SAN XEROME CAMPION  DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO FEMININO 2012



José Carlos González Blanco / A Guarda

Despois dun ano de  traballo, esforzo e sacrificio cumprindo un duro plan de adestramentos, a tempada non  poido acabar mellor  para o equipo feminino de baloncesto da máxima categoría  de competición  (Fegaddi-Feddi).
Nos últimos dias dábamos conta do  éxito do equipo  no Campionato de España de baloncesto celebrado en Alicante, onde acadaron o terceiro posto.
Informamos hoxe dun novo éxito: o primeiro posto na Liga galega de baloncesto, organizada  pola Fegaddi (Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual).
A última xornada da Liga  tivo lugar no Pavillón do Porriño,  onde unha vez máis fíxose patente a igualdade entre o noso equipo e o segundo clasificado: as Esclavas de Mos. Un só punto de diferencia fixo que nesta ocasión a balanza se  inclinara cara o noso lado.
O remate da xornada, o Alcalde do Porriño, Nelson Santos xunto con varios concelleiros e representantes da Fegaddi fixeron entrega dos trofeos correspondentes: María F. recolleu o trofeo da máxima categoría feminina. O equipo masculino do Racing de Chapela foron os  vencedores na categoría  masculina.
 Noraboa a Amparo, Maite Santos, Maite Barros, María F., Rosalía, Jeny, Nuria, Rosa María, Vanesa e Lucía; así como ó  equipo de adestradores  David, Tere , Belén e Robert. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario