O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN QUE SE ESTUDE Á POSIBILIDADE DE CONSTRUIR UN NOVO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES
A proposta está baseada nas múltiples deficiencias das actuais instalacións, como ven de notificar á Xunta Directiva do Atlético Guardés diante do Concello de A Guarda
Rexistro de Entrada nº 7267
Data do 16.11.2012
Despois de recibir
unha copia da documentación presentada no Concello en data do 15.11.2012 e con
Rexistro de Entrada nº 7240, no que se reflexan unha serie de deficiencias das
instalacións do Pavillón Municipal de “A Sangriña” por parte da Directiva do
Clube Balonmán ATLÉTICO GUARDÉS, situación que xa noutras ocasións habían sido
sinaladas por clubes, asociacións, entidades, etc., calquer arranxo que se
acometa nestes intres, non deixa de ser un apaño momentáneo que non vai
resolver a problemática existente, cicais, pare o problema nunha esquina e
agrávese o deterioro pola outra.
Consideramos que é o momento de dar inicio a unha serie de xestións diante
das distintas administracións para acadar a meta de conseguir un novo PAVILLON MUNICIPAL.
Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a propoñer o Pleno
Municipal a seguinte MOCION:
1º).- O Concello de A Guarda, procederá de maneira inmediata a levar a cabo
os estudios pertinentes sobre as distintas parcelas municipais existentes nas
proximidades a zona donde se ubica a
Piscina Municipal para a posibilidade de
construir unha área deportiva na que teña cabida un novo PAVILLON MUNICIPAL.
2º.- O Concello de A Guarda, levará a cabo a apertura de un concurso para o
diseño e proxecto do novo PAVILLON MUNICIPAL, para o cal incluirá a
correspondente partida económica nos Presupostos Municipais do 2.012/2.013
3º.- O Concello de A Guarda, dará inicio as xestións oportunas diante das
distintas administracións a fin de conseguir cerrar convenios de colaboración
para o financiamento de ditas obras.
A Guarda, a 16 de novembro do 2.012
Beatriz Estévez Álvarez
Sr. Alcalde-Presidente de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario