20 de out. de 2012

VAL MIÑOR

Posted: 18 Oct 2012 05:37 PM PDT
terras raras_china
-"Terras raras" a nova guerra do Século XXI.

- A operación iníciase no medio da ofensiva dalgunhas potencias de Occidente para facerse destes xacementos dominados nun 95% polos chineses: Terras raras, a materia prima das novas tecnoloxías.
-A primeira parte do proxecto prevé traballos de sondaxe e avaliacións por tres anos na Serra do Galiñeiro, a mans da multinacional "Umbono Capital".
-Próximo a 40 colectivos galegos xa presentaron alegacións contra o proxecto.

 
Posted: 18 Oct 2012 03:13 AM PDT
Espazo lectura
Este sábado 20 de outubro ás 12:00h Espazo Lectura convoca na Casa da Lectura (enriba da Biblioteca Municipal de Gondomar) unha xuntanza para botar a andar, dentro da súa programación de fomento da lectura, unha nova actividade dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos: o Comando Le, un grupo de activismo cultural. Cada trimestre convidarémolos a achegarse a un tema diferente a través do cine, os debates, a música, as conversas, as saídas, a amizade e, por suposto, os libros. A reunión está aberta a todos os rapaces e rapazas que queiran informarse e integrarse neste grupo.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario