20 de out. de 2012

A GUARDA

O PARTIDO POPULAR MANTIVO UN ENCONTRO CON REPRESENTANTES DO SECTOR PESQUEIRO GUARDÉS



Infogauda / A Guarda

Rosa Quintana, Conselleira do Mar e Medio Rural, e número dous da candidatura do Partido Popular pola Provincia da Coruña, tivo o xoves una reunión Sectorial de Pesca na sede do PP guardés na que participaron todolos sectores e asociacións guardesas relacionadas co mundo do mar, ademáis completaron o aforo de máis de 50 persoas, simpatizantes e afiliados do partido popular guardés que non quixeron perderse as palabras da Conselleira, que veu a A Guarda acompañada do Secretario Xeral do Mar, Juan Maneiro e o Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán. Ademáis tamen estivo presente o Alcalde do Concello veciño de Oia.

Comezou o acto Fany Iglesias, que tivo palabras de agradecemento e cariño a conselleira, que conseguiron emocionala en mais dunha ocasión, indicou a sua valía e agradeceu o apoio tanto da conselleira como do secretario xeral na comisión de pesca do Parlamento da que Fany foi membro.

A segunda intervención foi a da Conselleira que transmitiu os presentes as liñas fundamentais de traballo desta lexislatura, os logros e os temas pendentes que intentará retomar nesta nova lexislatura que empeza. Rosa foi quen de mirarle os ollos o sector coa tranquilidade de saber que deu todo de si nestes catro anos, cousa que o sector soubo agradecer cando tivo turno de palabra para transmitir as suas inquedanzas e mostrar un unánime agradecemento hacia a sua labor.

O acto rematou departindo co sector e cos simpatizantes de forma distendida durante máis de media hora, cousa que, tanto o sector do mar coma os simpatizantes agradeceron enormemente e comentaban a cercanía e o empeño que esta muller pon no seu traballo, pondo Galicia e o seu mar … por riba de todo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario