- O Conservatorio oficial de Gondomar "a medio gas", sen clases de piano e tres baixas sen cubrir.
- Valverde sacrificará axudas ás AA.VV. e partidas do arquivo e a casa municipal para acometer novas obras.
- O club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura fará o roteiro da novela "Os fillos do mar" guiados polo autor.
- A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro acaba de poñer á venta o libro titulado "Nós, Galiñeiro".
|
Posted: 19 Oct 2012 04:35 PM PDT
Os alumnos do conservatorio municipal de Gondomar carecen de profesor de piano dende principios de outubro. O retiro por xubilación da directora do centro e profesora de piano, así como a baixa dende principio do curso da profesora de Linguaxe musical, que tamén imparte clases do instrumento, aínda están sen cubrir . Por riba, os pais dos alumnos informan que hai que sumarlle outra baixa sen cubrir, a da profesora de vento madeira e Linguaxe musical, da que se prevé o seu retorno cara a finais deste mes. Os proxenitores aseguran estar ao límite e preocupados polo futuro dos máis de cen cativos que concorren ao centro.
|
|
Posted: 19 Oct 2012 03:40 PM PDT
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde informou onte venres que levará ao pleno de outubro unha modificación de crédito por un valor total de 17.500 euros ca fin de desenvolver obras en distintos eidos do municipio. Nomeadamente, o rexedor proponse mellorar a instalación eléctrica do local do Centro de Información ás Mulleres, rehabilitar o servizo eléctrico á Escola das Nenas e acometer arranxos e a homologación de seguridade do Parque Infantil de Parada.
|
|
Posted: 19 Oct 2012 01:46 PM PDT
Os membros do club de lectura Sete vidas de Espazo Lectura terán a oportunidade de facer na tarde de hoxe sábado 20 de outubro o roteiro da novela Os fillos do mar acompañados do autor, Pedro Feijoo. Esta novela, que foi comentada na sesión do Sete vidas do pasado mes de xuño, ofrece un interesante percorrido pola arquitectura e o patrimonio histórico-monumental da cidade de Vigo.
|
|
Posted: 19 Oct 2012 01:34 PM PDT
Trátase dunha manchea de artigos de prensa da autoría de Xosé Luís Méndez Ferrín, arestora Presidente da Real Academia Galega, publicados no Faro de Vigo, Hoja del Lunes, etc., que teñen como denominador común o referirse a lendas, tradicións, etimoloxía ou microtoponimia e como non, ¡madía leva!, a problemas dese abstracto xeográfico que deuse en chamar "Terra de Turonio", problemas algún, que malfaladamente, seguen sen resolverse.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario