Carga policial no mitin de Rajoy e Feijóo en Ourense
Oscar Pinal
Ourense, noite do 19 de outubro de 2012.
Mentres o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo realizan un mitin do Partido Popular no Pavillón Dos Remedios dende as 22:00pm, fora do mesmo a policía nacional chegada de Madrid, procede a cargar contra a manifestación colectiva que levan a cabo estudantes universitarios, grupos de esquerdas e afectados polas preferentes. E unha vez máis, tamén carga contra a prensa.
Os medios de comunicación fican dentro escoitando o programa electoral do PP e non se percatan das cargas ata saír.
Ó finalizar o mitin, os políticos néganse escoitar ós afectados directos dos recortes que non estaban no programa electoral, ós afectados polas subas das tasas universitarias que non estaban no programa electoral, e ós afectados polas preferentes, un auténtico escándalo bancario que tampouco aparece reflexado neste e no anterior programa electoral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario