Nasce a Coordenadora Anticapitalista do Baixo Minho
Despois de varios meses de contactos podemos presentar por fin a Coordenadora Anticapitalista do Baixo Minho. Esta coordenadora créase por dúas circunstancias chave:
1-. A falta de coordenación entre os distintos colectivos encadrados na comarca do Baixo Miño. Asi como a falta de diálogo e coñecemento entre eles.
2-. E o aumento da resposta popular, na propia comarca, ao actual panorama socio-político, criado en grande medida, pola crise capitalista actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario