19 de set. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 18 Sep 2012 03:30 PM PDT
ponte maufe
A senlleira Ponte Románica de Mañufe quedará a salvo de posibles intervención na súa delicada infraestrutura, trala modificación do proxecto de mellora da rede de colectores de Gondomar. Así o anunciou este martes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández,ao alcalde Fernando Guitián, quen solicitara meses atrás unha alternativa ao plan orixinal que prevía unha perigosa intervención na histórica ponte, así como no Acueduto do Bravo, sobre o río Vilaza.


 
Posted: 18 Sep 2012 02:45 PM PDT
mulleres-rurais
A Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar ven de presentar o calendario de actividades que desenvolverán dende o seu colectivo cara a tempada 2012 - 2013. Son 14 os obradoiros de diversas disciplinas que a asociación ofrece para veciños de Gondomar e bisbarra. Bailes, manualidades, ximnasia e informática son algúns das temáticas a desenvolver que os interesados poderán anotarse ou consultar no teléfono 682074884.


 
Posted: 18 Sep 2012 02:22 PM PDT
Alumnos-do-curso-de-moitor-
Vinte e cinco alumnos, principalmente persoas en situación de desemprego empadroadas en Nigrán, comezaron a pasada semana un curso de monitor de tempo de lecer organizado pola Concellaría de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego. O curso terá unha duración de 250 horas teóricas e 150 practicas, que acreditará cunha titulación oficial aos participantes ao remate.


 
Posted: 18 Sep 2012 02:04 PM PDT
granada
-A viaxe, que visitará as cidades de Sevilla, Córdoba e Granada, será do 14 ao 19 de outubro

-Pode reservarse praza ou solicitar información no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura

 
Posted: 18 Sep 2012 09:36 AM PDT
A policía local de Nigrán detivo a unha persoa radicada na parroquia de Priegue sobre o cal recaía desde 2009 un pedido de captura, detención e ingreso en prisión. As autoridades locais informan que a detención produciuse mentres dous axentes do corpo de seguridade local realizaban un control enmarcado na campaña de seguridade viaria, na madrugada do pasado sábado.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario