Os
candidatos populares valoran a lexislatura de Feijoo na comarca de Baixo Miño
“As medidas de
austeridade permitiron que Baixo Miño poida contar con máis e mellores
servizos”
·
Castro
citou o novo centro de Día de Tomiño, cun investimento de case 1,3 millóns de
euros.
Infogauda / Tui
Os candidatos
populares ás Eleccións Autonómicas, José Manuel Cores Tourís, Nava Castro e
Paula Romeu reuníronse en Tui para facer balance da lexislatura que está a
rematar e a súa repercusión na comarca do Baixo Miño acompañados polo alcalde
de Tui, Moisés Rodríguez.
Nava Castro
explicou que “esta foi unha lexislatura que desde o primeiro momento se
presentou difícil polas consecuencias dunha crise xa asentada na comunidade,
aínda que algúns a negaran, sumada a que a tendencia ao despilfarro e á mala
xestión do bipartito que deixaron un buraco nas contas de 2.000 millóns de
euros”.
“Pero as medidas de
aforro, de eficiencia, de control de gasto e a política de austeridade de Núñez
Feijoo non foron en balde, senón que foron a base fundamental para que Galicia
poida contar con máis e mellores servizos mentres que noutras comunidades se
están eliminando", dixo Nava Castro..
A modo de exemplo
Castro citou o novo centro de Día de Tomiño, cun investimento de case 1,3
millóns de euros, os 3 centros plurilingües ou os 13 centros da comarca
incluídos no Plan Abalar.
“Unha mínima mostra
do traballo feito nesta comarca, na que se investiron nesta lexislatura 115,2
millóns de eros, algo que sería totalmente imposible sen un Goberno coma o de
Feijoo”, explica a candidata popular.
Castro asegurou que
as mesmas medidas que lle valeron o alcume de austero a Feijoo e coas que algún
quixeron criticalo no comezo do seu mandato son as que permitiron que Baixo
Miño conte hoxe con máis e mellores servizos, e o que permitiu que se
investisen 46,6 millóns de euros en obras de saneamento e abastecemento de auga
en todos os concellos da zona.
Cores Tourís
destacou ademais a mellora das estradas da comarca, como a PO-552 entre Baiona
e A Guarda, e os PXOM municipais.
Explicou que o
fomento de emprego e o apoio ao sector empresarial e industrial foi outro dos
eixes prioritarios do Goberno galego nestes case 4 anos. “Aí están os 40
millóns de euros que a Consellería de Industria destinou á mellora económica e
empresarial da comarca, ou os máis de 8 millóns de euros investidos nos 5
concellos da comarca en plan de xeración de emprego e en obradoiros dos que se
beneficiaron preto de 1.500 persoas”.
Os candidatos
populares consideran que este é o exemplo de boa xestión e sinalaron que os
veciños da comarca de Baixo Miño deberían preguntarse que pasaría nestes anos
de dificultades se en lugar de goberno unido, forte e cunha liña de actuación
clara tivesen na Xunta a un goberno dividido, que se facía competencia a si
mesmo e que despilfarraba máis do que investía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario