"Que nos escoiten desde Compostela até Bruxelas: Somos aforradores, non especuladores"
Os afectados polas participacións preferentes néganse a que a súa reivindicación se esqueza na campaña electoral. Esta mañá realizaron unha nova manifestación de ámbito galego, que percorreu as rúas de Compostela, entre a Alameda e a Praza do Obradoiro. A marcha, convocada por 25 plataformas de toda Galicia, reuniu milleiros de participantes e contou co apoio de numerosos dirixentes do BNG, coma Carlos Aymerich e Rubén Cela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario