22 de set. de 2012

CULTURA

RECANTO DA ARTE

MAGIN XULIO PICALLO DURÁN 
               O escultor Magín Xulio Picallo Durán nunha exposición das súas creacións

Infogauda / Goián


O escultor Magín Xulio Picallo Durán (Troans - Cuntis, 1940),  é un dignísimo exemplo de vocación artística, xa que cando moitas persoas - mesmo en edade moza -  están desexando arrumba-lo traballo, para adicarse o que antes non podían facer, debido ás obrigas laborais, él - como probablemente sempre estivo moi a gosto coa súa labor - continúa súa activa andaina creadora. Así, na súa vivenda-estudo a carón das centenarias sobreiras de San Roque, na fermosa parroquia de Goián (Tomiño), é habitual olla-lo traballando no seu obradoiro, modelando ou esculpindo. Dándolle forma á arxila ou extraendo de un bloco de pedra, á beleza que agocha no seu interior. En definitiva, creando Arte. Con maiúsculas.

Picallo formouse na Escola de Artes e Oficios, de Santiago de Compostela, onde foi alumno de Francisco Asorey González (Cambos, 1889 - Santiago de Compostela, 1961), considerado unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX.
En Galicia, á obra pública de Magín X. Picallo podémo-la ademirar na vila de A Guarda - Monumento o poeta Feliciano Rolán (1968),  Monumento o mestre Nicolás Gutiérrez Campo (1987), Monumento ó Mariñeiro Desaparecido (2003), Monumento o caudillo castrexo (2004) -; en Tui - Monumento alegórico a Tui (1985) -; en Moaña - Monumento ó mariñeiro emigrante (1988) -; en Ibi (Alacant) - Monument al Gelador Artesá (1990) -; en Baiona - Encontro entre dous mundos (1993) -; na Estrada - Monumento ó poeta Cabada (2001) -; en Benidorm - O socorro -; en Cuntis - Monumento os canteiros de Cuntis -; en Forcarei - Monumento á Muller Labradora (2003) -;...
Picallo, como lle coñecen tódalas persoas do seu entorno, e mesmo doutros pobos veciños, como A Guarda - onde á presenza da súa obra, como vimos de salientar, é notoria - e tamén de outras comunidades autónomas de España e incruso en diferentes países do continente americano e tamén de Europa; é un artista que coñece como ninguén os segredos da pedra do país, do mármore, do bronce,... Non é de extranar, pois, que Picallo haxa colabourado na restauración da fachada plateresca da igrexa de Biar (Alacant).
Estamos pois, falando de un artista escultor de ampla traxectoria, que traballa de xeito continuado e ainda ten tempo para estar cos seus, conviver cos veciños de Goián, e de cando en vez, botarse a andar polos vellos camiños do Románico, desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela, e logo continuar ata Fisterra.
Que sorte tivemos cando Magín Xulio Picallo Durán dicidiu traballar e viver na fermosa ribeira miñota de Goián! 
Que sexa por moitos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario