18 de set. de 2012

CULTURA

Poetas “diversos” abren unha porta en Vila Nova da Cerveira 
Os sábados son días de feira en Vila Nova da Cerveira. Popular e festiva, unha das vilas de máis actividade cultural do norte de Portugal acollerá este 22 de setembro a presentación de seis libros da colección Diversos da Editorial Positivas. A nova poesía galega estreita pontes com Portugal no singular espazo Porta XIII.


Unha ponte de menos dun quilómetro que atravesa o río comunica territorio portugués e galego. Á outra beira, unha vila de incríbel encanto, movemento e actividade cultural acollerá este sábado día 22 a presentación de seis poetas galegos, que chegarán a Vila Nova acompañados do seu editor Francisco Macías, de Positivas, un selo que mostra especial sensibilidade no achegamento da cultura galega a Portugal. Será protagonistas do programa preparado para esse día en Porta XIII, unha libraría-asociación cultural-centro de arte que dinamiza e promove a cultura no Norte de Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario