8 de ago. de 2012

VAL MIÑOR

Posted: 07 Aug 2012 01:48 PM PDT

0150hopA película 'Hop' continúa hoxe no Parque da Coelleira o ciclo Agosto de Cinema, que está a deixar en Gondomar a proxección dalgunhas das películas para todos os públicos máis destacadas dos últimos anos. O ciclo inscríbese dentro da programación cultural deseñada pola Concellería de Cultura e prolongarase ata o 9 de agosto, día no que a proxección de 'El capitán América' botará o peche.

 
Posted: 07 Aug 2012 01:35 PM PDT
castelos-area
O vindeiro xoves 9 de agosto terá lugar unha competencia de castelos e figuras de area no entorno do Monte Lourido en Nigrán. Entre as 18 ás 20 horas equipos compostos por familiares ou amigos poderán dar renda solta á creatividade, a que será logo premiada por un xurado designado para a ocasión. As inscricións xa están abertas na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar en Panxón. Tamén poderán inscribirse na praia o día da competencia ata dúas horas antes do inicio.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario