Cata de Viños Brancos de plantacións e parcelas dos concellos de Tomiño e O Rosal
Colaboura á Asociacion Galega de Viticultura (AGV)
Jorge Cardoso Mariño, Coordinador da AGV no Baixo Miño
Infogauda / Tomiño
O próximo xoves día 9 de Agosto
en Olala Pub, de Tomiño
a partires das 20.00 h. terá lugar una Cata de Viños Brancos de plantacións e
parcelas dos concellos de Tomiño e O Rosal , coa colaboración da Asociacion Galega de
Viticultura (AGV), as Adegas Aldea de Abaixo
S.A.T. , Viñedos Vilachan e Gaudila e as Distribuidoras Disgobe de Vigo e GHA de Tomiño.
“Este é o momento de
ensinar o consumidor que na subzoa do Rosal que comprende entre outros os
concellos de Tomiño e Rosal se fan viños
distintos, como o Rosal que é unha mestura de variedades autóctonas como o Caiño e o Loureiro, sen esquecer o Albariño”, dixo a infogauda, Jorge Cardoso Mariño, Coordinador da AGV no Baixo Miño.
“Entendemos que debemos demostrarlle a xente que non soio existe o Albariño monovarietal. Que no mercado temos algo distinto con outros matices e aromas”, engadiu o Coordinador da AGV.
A iniciativa e de xerente de Olala Pub, Carlos
Alberto Gándara o cual nos afirmou “temos
que ensinarlle a xente o producto que temos na zona e neste caso o viño, é fundamental para toda economía que nos
rodea, pero fundamentalmente ensinar a calidade que temos e que a xente deguste
o noso “
Este evento será conducido polo sumillier Nacho Costoya, Campión de España 2010 no concurso de xefes de
sala-metre realizado no IFEMA, de Madrid
no que se catarán viños que toda a súa producción é en viñedos do Baixo
Miño dentro da D.O. Rías Baixas e de uvas Albariña, Loureira e Caiño.
VIÑOS A CATAR
·
GRAN NOVAS (Albariño)
·
ALBANTA (Albariño)
·
SEÑORÍO DA TORRE (Rosal)
·
ALTOS DE TORONA (Rosal)
·
GAUDILA 2009 (Albariño criado sobre lías)

Ningún comentario:
Publicar un comentario