7 de ago. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 06 Aug 2012 02:13 PM PDT
noite-agua-da-laxe- Mércores 8 de agosto. Punto de encontro ás 22 horas na sede do IEM (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar)

 
Posted: 06 Aug 2012 01:53 PM PDT
O Centro Cultural O Torreiro de Priegue albergará este martes 7 de agosto ás 21.00 horas a actuación de Novo Circo "Sen Medidas", interpretada polo clown Jano. Nesta interpretación, o clown ofrecerá ao seu público un espectáculo no que xogara coma un neno atrapado nos medos dun adulto. Mesturará a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o seu gran enxeño coa participación inestimable do público. En definitiva, 50 minutos de risas, humor orixinal e arriscadamente divertidos para todos os públicos.

 
Posted: 06 Aug 2012 01:41 PM PDT
bolos-da-carrascaO Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca acollerá esta semana a XIX Semana Cultural de Parada. Os actos celebraranse entre o martes 7 e o venres 10 a partir das 22.15 horas. O coro local Ecos do Castelo, do C.C.D. Bolos da Carrasca, será o responsable da primeira actuación da presente edición, cunha intervención a continuación do grupo de gaitas Os Ventos, de San Andrés de Comesaña.

 
Posted: 06 Aug 2012 01:28 PM PDT
futbol-praiaA asociación Ocio y Playa e o Concello de Nigrán celebrarán o próximo fin de semana o II Torneo de Fútbol Praia "Inter-Prlayas" Nigrán-Sanxenxo, nas instalacións de Nigrán Area no areal de Panxón. O torneo contará con dúas categorías, nenos de entre 10 e 15 anos e de entre 16 e 25 anos. As eliminatorias terán lugar os días venres 10 e sábado 11 de agosto, e a gran final o domingo 12 de agosto ás 18.00 horas.

 
Posted: 06 Aug 2012 01:18 PM PDT
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Gondomar informa que puxo en marcha o bombeo de augas residuais existente no barrio de Gándara na parroquia de Peitieiros.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario