O obxecto da iniciativa será
promover o embelecemento e o coidado das
nosas vilas, potenciar o seu atractivo turístico e comercial así como o seu
carácter tradicional utilizando como elemento principal os elementos deportivos
A DEPUTACIÓN IMPULSA A INICIATIVA “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA” QUE
PREMIARÁ ÁS VILAS MELLOR DECORADAS PERANTE A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA
· Estableceranse premios económicos de 4.000€ para o
primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo.
·
As
candidaturas deberán presentarse antes do 15 de agosto.
·
O modelo de solicitude e as bases da convocatoria poden consultarse na páxina
web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a
deputada provincial, Begoña Estévez, aproveitaron hoxe a presenza do
Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, para presentar a iniciativa
«Pola miña vila pasa a volta», unha actividade a través da cal a entidade
provincial pretende implicar a todos os municipios para ofrecer a mellor imaxe co gallo das etapas que a Volta Ciclista a España
discorrerá por 26 concellos pontevedreses o vindeiro mes de agosto.
Para isto, estableceranse premios económicos de
4.000€ para o primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo. Rafael Louxán
declarou que “tendo en conta a magnífica oportunidade de
promoción que este evento supón, desde os servizos Turismo Rías Baixas e
Deportes da institución provincial estanse aunando esforzos para amosar a
mellor imaxe da nosa provincia ó mundo a través da emisión que este evento terá
en máis de 180 cadeas de televisión de todo o mundo”.
O obxecto da iniciativa será promover o embelecemento e o coidado das nosas vilas, potenciar
o seu atractivo turístico e comercial así como o seu carácter tradicional
utilizando como elemento principal os elementos deportivos; e premiar o esforzo
e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros que participen nesta iniciativa para atraer ós
clientes utilizando a imaxinación e a orixinalidade.
Requisitos
Poderán participar as Asociacións de Comerciantes,
Empresarios e Hostaleiros sen fins de lucro que teñan a súa sede nalgún dos 26
concellos da provincia polos que pasará a Volta Ciclista a España.
Concretamente os municipios de Ponteareas, Porriño,
Mos, Gondomar, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña,
Cangas, Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Ribadumia,
Meis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis e A Estrada.
Sobre este respecto, compre salientar que se
aceptará unha única candidatura por concello feito polo que naquelas vilas nas
que queira participar mais dunha Asociación, a candidatura deberá ser conxunta.
No concurso valorarase a orixinalidade e a
imaxinación na decoración,
a ornamentación de comercios,
establecementos hostaleiros e de servizos, nas rúas, nas fachadas das casas e
edificios, ocos das fiestras, balcóns, terrazas, xardíns, monumentos, fuentes….
O calendario
O concurso terá lugar entre as 10:00h do día 28 de agosto
e a mesma hora do día 31. Neste tempo as vilas deben permanecer ornamentadas. As
candidaturas deberán presentarse antes do 15 de agosto.
O 24 de agosto publicarase na web da Deputación de
Pontevedra a relación de candidaturas admitidas. O xurado reunirase despois do
11 de setembro para propoñer as candidaturas premiadas. Finalmente, os premios
entregaranse nun acto público.
Para os interesados en participar, o modelo de solicitude e as bases da convocatoria poden consultarse na páxina
web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.

Ningún comentario:
Publicar un comentario