21 de ago. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 20 Aug 2012 02:18 PM PDT
oficina-turismo-gondomar
A Concellaría de Turismo de Gondomar anuncia para este martes 21 de agosto unha visita guiada polo Camiño do Norte. A ruta transcorrerá polo coñecido como Camiño Norte do Camiño de Santiago, atravesando Gondomar, Mañufe e Vilaza. O percorrido, que ten unha duración aproximada de 3 horas, comezará ás 17 horas na Oficina de Turismo de Gondomar.


 
Posted: 20 Aug 2012 02:09 PM PDT
fiesta medieval_debuxo
Durante tres días a vila de Gondomar intentará recuperar o seu pasado medieval. Xograres, artesáns, zancudos e guerreiros transitarán entre a Praza da Alameda e a Praza do Concello, dando vida a esta recreación histórica que levará por nome "I Festa Medieval de Gondomar".


 
Posted: 20 Aug 2012 01:41 PM PDT
sumer lab
Colectivos vencellados á ciencia, a cultura e as novas tecnoloxías amosarán na veciña parroquia de Valadares as súas últimas achegas e proxectos na Feira Imaxinaria Contemporánea 2012. O evento propiciará unha "residencia colectiva" do 23 ao 26 de agosto de creadores e investigadores destes eidos nas instalacións do Alg-a Laboratorio, situado no Camiño da Igrexa, 254. Nas xornadas compartiranse obradoiros e instancias de divulgación de diversos proxectos nun marco de convivencia onde non faltarán anacos para as representacións artísticas e o lecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario