«Estamos ante un Goberno covarde e mentirán que si vai recortar as pensións»
TELEBNG
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou hoxe a Mariano Rajoy de "liderar un goberno covarde e mentirán, que fai o contrario do que di, incluído o recorte das pensións que si que o vai facer".
Davila valorou así o Consello de Ministros do Pasado venres do que o presidente do Goberno, na súa comparecencia posterior, ocultou o acordo sobre o Plan Orzamentario 2012-2014 que lle remitiu á Unión Europea e no que se contempla un novo paquete de recortes para a sociedade do Estado español superior aos 100.000 millóns de euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario