As proxeccións de Vilamor chegarán aos concellos de Vilanova de Arousa, A
Lama, Ponte Caldelas, Forcarei, Ribadumia, Tui, e Baiona (localidades que na
súa meirande parte non teñen cine local)
XUNTA E DEPUTACIÓN PROMOVEN O CINE GALEGO A TRAVÉS DA PROXECCIÓN Ó AIRE
LIBRE DA PELÍCULA «VILAMOR» EN
DISTITNTAS VILAS DA PROVINCIA
· Este filme foi seleccionado xunto con outros 23 entre un total de 2.500
películas para participar no Festival Internacional de Cine de Nova York.
·
Será proxectado en Times
Square, Manhattan (Nova York) en versión orixinal subtitulada.
A deputada provincial, Ana Isabel
Vázquez, o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o
director de cine Ignacio Vilar, e a actriz Maica Braña, presentaron hoxe no
Pazo Provincial a iniciativa «Redecinema» que
posibilitará a proxección ó aire libre do filme «Vilamor»
en distintos municipios da provincia de Pontevedra perante o mes de
agosto.
As proxeccións de Vilamor dentro de Redecinema serán de balde, estarán
destinadas a todos os públicos e terán lugar, preferentemente e sempre que as
condicións metereolóxicas o permitan, ao aire libre baixo o formato de cinema
de verán. As proxeccións de Vilamor chegarán aos concellos de Vilanova de
Arousa, A Lama, Ponte Caldelas, Forcarei, Ribadumia, Tui, e Baiona (localidades
que na súa meirande parte non teñen cine local), aínda que, segundo informou a
deputada, Ana Vázquez, o calendario de proxeccións aínda está aberto a novas
solicitudes por parte dos concellos.
Vilamor é un filme rodado en Galicia e en galego, que se estreou en Ourense
con motivo das Letras Galegas 2012. En só tres meses, xa se fixo con diferentes
recoñecementos dentro e de fóra das nosas fronteiras (Cannes, Nova York, Jakarta...).
Precisamente este filme foi seleccionado xunto con outros 23 entre un total
de 2.500 películas para participar no Festival Internacional de Cine de Nova
York. Segundo informou o director, Ignacio Vilar, o filme será proxectado en Times Square, Manhattan
(Nova York) en versión orixinal subtitulada.
Apoio e promoción do audiovisual galego e en galego
O secretario Xeral de Política Lingüística puxo de relevo que os obxectivos cos que a Xunta, de man das deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, poñen en marcha este novo programa, entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua. En especial, para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; para visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; para potenciar artistas e dinamizadores galegos, e mais para favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos.
Vilamor é una historia de amor.
Un romance a finais dos anos 70, época do tardo franquismo, entre unha rapaza
que hoxe cualificaríamos como “alternativa” e un seminarista. Ela Sonia (Sabela
Arán), quere cambiar o mundo e el, Breixo (Rubén Riós), quere conservar o seu
que se derruba.
O filme está baseado en
feitos reais, descubertos polo director e coguionista durante a realización dun
documental. É unha historia
real, nosa, que sucedeu aquí en Galicia, cunha historia que é quen de emocionar
e de chegar ó público de todas as idades.
O entorno escollido para a
ambientación é espectacular, nos Ancares a 1.600 metros de altitude. A nivel
promocional, este filme será un gran embaixador de Galicia e de Lugo pola súa
fotografía, planos de localización que chega ó corazón das montañas de Lugo e,
incluso, no eido da gastronomía galega que está moi ben reflectida. Vai máis aló dun proxecto cinematográfico,
constitúe un proxecto cultural de difusión da nosa xeografía, paisaxe e lingua.
LUGARES NOS QUE SE VAI A
PROXECTAR A PROXECTAR A PELÍCULA
CONCELLO
|
DATA PROXECCIÓN
|
LUGAR
|
Vilanova de Arousa
|
8 de agosto
|
Praza Pastoriza
|
A Lama
|
21 de agosto
|
Parroquia de Seixido
|
Ponte Caldelas
|
22 de agosto
|
Na alameda
|
Forcarei
|
23 de agosto
|
Na praza da igrexa
|
Ribadumia
|
Por determinar
|
|
Tui
|
Por determinar
|
|
Baiona
|
Por determinar
|
|
Datos sobre o filme
Vilamor
Director: é a última película
del director galego Ignacio Vilar. →Esta é a cuarta película de Vilar que obtivo un gran
éxito de taquilla en 2008 coa película 'Pradolongo'.
Reparto: conta con actores como Rubén Riós, Sabela Arán e
Xoel Yáñez, Tamara Canosa,
Marcos Pereiro, Santi Romay, Paulo Serantes, Deborah Vukusic o Carlos
Villaverde.
Sinopse: Ano 1976, Breixo,
un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de
Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos
recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a
vivir este soño de liberdade.
Ambientación: rodada en lugares de Negueira
de Muñiz, Fonsagrada, Cervantes e Grandas de Salime (Asturias).
A rodaxe: a película supuxo máis de nove
semanas de rodaxe, un equipo de 150 persoas e un orzamento de 1.700.000 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario