AS VOSAS IMAXES
XABARINS NO MONTE SANTA TREGA
Infogauda / A Guarda
A imaxe, obtida na pasada noite a traverso de un móbil, dende un vehículo en marcha, que circulaba pola estrada do Monte Santa Trega, é proba evidente - unha máis - da presenza de xabaríns (Sus scrofa) nese visitado encrave arqueolóxico e paisaxístico.
Compre relembrar que o xabarín é un mamífero que está incluído na listaxe - elabourada polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI) da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da unión Internacional para á Conservación da Natureza (UICN) -, das 100 especies exóticas invasoras máis daninas do mundo.
Como xa existen varios precedentes de accidentes de circulación provocados pola irrupción destes animais nas vías públicas, así como diversos casos de danos nos terreos de cultivo - sobor de todo leiras de millo -, coidamos que ás autoridades correspondentes, deben adoitar, máis axiña que tarde, ás medidas correctoras para que de acordo coa lexislación aplicable en vigor, evitar que este tipo de fauna salvaxe continúe xerando os aludidos problemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario