2 de ago. de 2012

A GUARDA

                                                                    TRIBUNA ABERTA

RESPOSTA DA  XUNTA DIRECTIVA  DO CENTRO SAN XEROME A  FÁTIMA IGLESIAS


Diante das  declaracións realizadas pola deputada  parlamentaria e concelleira do PP na Guarda  Fátima Iglesias, a Xunta Directiva da Asociación San Xerome Emiliani  manifesta o seguinte:

1. Ratificarse nos datos económicos  ofrecidos  nos últimos meses   pola Asociación sobre  os pagos pendentes da Xunta.

2. A Xunta de Galicia  recoñeceu  onte dia 1 de agosto   a representantes da Federación de asociacións  a favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (FADEMGA -  FEAPS GALICIA),    a débeda  a 37  Asociacións que xestionan Centros concertados de atención a persoas con discapacidade (entre os que se atopa o Centro San Xerome Emiliani).

3. A Xunta de Galicia comprometeuse  diante dos representantes de FADEMGA a  subsanar a débeda nos próximos días.

4. A Xunta  Directiva do Centro San Xerome, considera un  bo momento para que a Deputada Fátima  Iglesias se poña realmente a traballar a prol do Centro San Xerome e as 36 entidades en risco,  aunando esforzos   e non  poñendo   en dúbida a credibilidade  dos datos ofrecidos polas entidades e corroborados pola propia Xunta de Galicia.

                                             A Guarda,  2 de  agosto de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario