O BNG do Rosal presenta unha proposta contra a supresión de aulas e concentración de alumnado de infantil e primaria
Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal, leva a pleno que se celebra o próximo sábado, unha
proposta contra a concentración de alumnado de infantil e primaria e a
supresión de aulas, que pretende o goberno do PP na Xunta.
Para os nacionalistas, a decisión da Xunta de reunir a rapaces de 2 e 6
anos con rapaces de Primaria de 12, supón un retroceso de máis de trinta anos, que impide incluso a conciliación da vida laboral e familiar de nais e pais.
Para o
BNG o goberno do PP na Xunta de Galiza impón medidas sen diálogo, mostrando unha insensibilidade inaudita, sen buscar solucións nin procurar alternativas, agás as que supoñen a desaparición do benestar e das condicións de vida de galegos e galegas que tiñan ganado até agora.
42 aulas serán suprimidas nas comarcas de Ourense, 56 nas comarcas da Coruña, 40 nas de Lugo e 37 aulas nas comarcas de Pontevedra,
indican os nacionalsitas.
Recorte
de persoal, comedores e transporte
A decisión reduce tamén persoal para a atención do alumnado con necesidades educativas especiais e recorta os comedores escolares e o transporte.
Para o BNG "a educación pública é o verdadeiro motor e garantía da igualdade de oportunidades, e o investimento educativo unha das mellores formas de procurar formación e base para o futuro que pon os alicerces para a mellora social, e importante para a saída da crise económica que vivimos.
Se a sociedade galega non reacciona e isto non se para, as medidas de guillotina na educación pública que fai o PP irá a maiores".
Ningún comentario:
Publicar un comentario