17 de xul. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 16 Jul 2012 07:29 PM PDT
Richard Tennant CooperO cancro forma parte inseparable da natureza do ser humano, e é tan improbable que nos libremos del como que deixemos de envellecer.
A historia da batalla contra o cancro é a dunha loita contra un inimigo interior e ineludible moito máis diverso do que o seu nome indica. O cancro é unha palabra que se refire en realidade a máis de 100 enfermidades diferentes que en moitos casos teñen pouco que ver entre si. Tarde ou cedo, se se vive o suficiente, un ser humano acaba por desenvolver un cancro ou morrerse por deterioración cardiovascular.

 
Posted: 16 Jul 2012 04:22 PM PDT
homenaxe3Os colectivos galegos agrupados na Iniciativa Galega pola Memoria Históricahomenaxearon ás vítimas do franquismo nun acto celebrado na Illa de San Simón, sede do antigo campo de concentración, o pasado domingo 15 de xullo. En distintas quendas, centos de persoas foron enchendo o barco que trasladoullas dende o porto de Cesantes cara á illa.

 
Posted: 16 Jul 2012 01:53 PM PDT
outeiro-dos-lameiros-Xeira do IEM polos petróglifos de Outeiro dos Lameiros e recital de arpa de Marta Quintana.
Unha visita nocturna á Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros será o próximo obxectivo dunha nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos. A mesma terá lugar o vindeiro mércores 18 de xullo, e o punto de encontro será a carón do cemiterio de Sabarís ás 22 horas, dende onde se partirá en caravana de coches cara o xacemento. A noite terá unha convidada especial: a arpista Marta Quintana a que brindará un concerto ao pé dos petróglifos.

 
Posted: 16 Jul 2012 05:10 PM PDT
paradormonteboiO sindicato de traballadores do Parador Nacional de Baiona "Conde de Gondomar" anuncian concentracións ás portas da fortaleza para os días xoves 19 e 26 das 16:30 ás 18:30 horas. en sinal de protesta polo despido dunha traballadora do centro hosteleiro.

 
Posted: 16 Jul 2012 03:00 PM PDT
Xabier P. Igrexas

A oposición do PSOE ás políticas antisociais de Rajoy é unha impostura. O contrario sería dun cinismo atroz, tendo en conta que as executadas polo PSOE no goberno central partillaban de vez o mesmo espírito e orientación neoliberal. O primeiro grande recorte da crise, e o maior da historia até ese momento, fíxoo o executivo de José Luís Rodríguez Zapatero -do que facía parte Rubalcaba- na altura de maio de 2010. Conxelación das pensións, redución nun 5% do salario das e dos traballadores públicos, eliminación do cheque bebé e redución de 6.000 millóns de investimentos públicos. Lembran? O PSOE, ao igual que hoxe o PP, non tivo o máis mínimo reparo á hora de tomar medidas contra a maioría social para satisfacer as esixencias do grande capital.

 
Posted: 16 Jul 2012 05:49 PM PDT
festadiadapatriaFrancisco Jorquera cualificou de "insulto ás persoas paradas" que o Goberno do Estado rebaixase as prestación por desemprego. Jorquera sinalou tamén a rebaixa das pensións, "nun país como Galiza que xa cobra as pensións máis baixas do Estado", denunciando que esta crise "é o mellor pretexto para impor un modelo económico sustentado no recorte de dereitos ás traballadoras e aos traballadores". As declaracións do deputado nacional e actual candidato á Xunta de Galicia polo BNG, foron realizadas en Gondomar durante a celebración do Día da Patria organizado polas agrupacións do Bloque da bisbarra e Vigo o pasado domingo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario