MAÑÁ ABRE
O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA SAÚDE
E BENESTAR QUE PON EN MARCHA A DEPUTACIÓN
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 9 de agosto
Os
interesados en inscribirse para participar no programa Saúde e Benestar que, un ano máis, pon en marcha a Deputación
Provincial de Pontevedra poderán facelo a partir de mañá, martes, 17 de xullo.
Así
o recolle hoxe o Boletín Oficial da Provincia e a páxina web da Deputación (www.depo.es), onde os interesados non só poderán
obter información do contido do programa senón tamén descargar o formulario
para a correspondente solicitude, que poderán presentar ata o vindeiro 9 de
agosto.
Nesta
ocasión, as persoas que participen neste programa poderán elixir entre 7
establecementos termais da provincia para pasar unha estadía de 6 días e 5
noites a un prezo reducido, que oscila entre os 190 e os 235 euros por persoa
para os 6 días.
O
programa de Saúde e Benestar ten o dobre
obxectivo de, por un lado, proporcionar as persoas maiores de 50 anos,
pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, a posibilidade de pasar
uns días en establecementos hostaleiros da provincia, a prezos reducidos e, por
outro, dinamizar a economía contribuíndo a manter a actividade do sector
hostaleiro e termal durante a temporada baixa, co que se fomenta a consolidación
de postos de traballo.
As
persoas que se acollan a este servizo poderán recibir unha atención
especializada con tratamentos termais e actividades lúdicas e culturais, o que
redunda tanto na mellora da súa saúde como na calidade de vida.
En
concreto, os establecementos ofertados no programa deste ano, que será
xestionado pola empresa Viaxes Iberia, son o Hotel Hesperia Isla de la Toja; o
Hotel Thalaso Atlántico de Oia; o Hotel Spa Galatea en Sanxenxo, o Hotel Bienestar
Moaña Thalaso Spa e o Norat Marina Spa, en O Grove; o Hotel Torre do Deza de
Lalín e o Spa Oca Katiuska de Silleda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario