LOUZÁN E GUITIÁN INAUGURAN A
ROTONDA E AS BEIRARRÚAS DE SAN BIEITO E EMIGRANTE NAS QUE A DEPUTACIÓN INVESTÍU
122.000 EUROS
O
presidente da Deputación, Rafael Louzán, o conselleiro de Medio Ambiente e
Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián,
inauguraron esta tarde a obra de construción dunha rotonda e das beirarrúas nas
estradas San Bieito e Emigrante.
Esta actuación foi acometida con
cargo a fondos do Plan de Investimentos da Deputación e supuxo, en concreto,
unha inversión de 122.000 euros. A obra foi executada pola empresa Construcións Obras e Viais, COVSA.
Os
traballos consistiron na construción de beirarrúas, excepto en fronte á
gasolineira; no fresado da plataforma antiga e posterior pavimentación da rúa
San Bieito; na renovación dos colectores de augas fecais e instalación dun solo
colector de augas pluviais pola marxe dereita e na sinalización vertical e
horizontal.
Ademais
acometéronse outras accións como a modificación das dimensións das arquetas e
dos diámetros das tuberías a petición das compañías en relación coa instalación
de baixa tensión.
O presidente da Deputación amosou a súa satisfacción pola
realización desta obra e puxo de relevo que “a mellora destas rúas beneficiará as comunicacións do municipio e a
construción da rotonda contribuirá á reordenación do tráfico”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario