O CONCELLO DO ROSAL TRIBUTOULLE UNHA HOMENAXE PÓSTUMA A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Fotografía: Alberte Alonso Pereira
Infogauda / O Rosal
Segundo fora aprobado na sesión plenaria do pasado mes de marzo, na mañá deste sábado día 7 de xullo - data que coincide co 66 aniversario do seu nacemento -, tivo lugar na Praza do Xogo, en Pancenteo, a homenaxe póstuma o artista rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, que faleceu o domingo día 26 de febreiro de 2012.
Florindo Álvarez Martínez (Floro para todos os amigos), foi alumno do mestre D. José Couto Macia. Con ese relembrado profesor - que tiña seu enderezo familiar na vila de A Guarda, e que segundo lembramos desprazábase ata á escola na súa Lambretta -, tería Floro seus comezos como dibuxante e pintor.
En 1966, Floro matriculouse na Escuela de Artes Aplicadas, de Madrid, acadando o número 1 da súa promoción, en composición e debuxo.
Lembramos que unha das primeiras exposicións pictóricas de Florindo Álvarez Martínez, que asinaba súas obras co seudónimo Efeal, tivo lugar no Colexio PP. Somascos, de A Guarda.
Asemade, nos comezos de José Vicente Vicente (O Brasileiro), como industrial establecido na vila de A Guarda, tivo unha exposición permanente de obras da autoría de Florindo Álvarez Martínez, na súa primeira tenda sita daquela na rúa Puerto Rico, fronte o antigo Colexio Público "Manuel Rodríguez Sinde".
Florindo Álvarez Martínez colabourou o longo de bastante tempo, cos seus deseños de logotipos e carimbos de empresas, no obradoiro da Imprenta Guardesa, ubicada daquela na rúa Concepcíón Arenal, de A Guarda.
En 1982, publicou o libro de dibuxos Pedras e Paisaxes de O Rosal. Nesa obra, Floro amósanos unha fermosa escolma de excelentes dibuxos de varios lugares e monumentos que poden ollarse no termo municipal rosaleiro.
O libro contou con un limiar do relembrado escritor e poeta baixomiñoto Eliseo Alonso Rodríguez (Goián, 01 de marzo de 1924 - La Habana, 18 de novembro de 1996), así como textos do acreditado e activo historiador rosaleiro Juan Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe).
No devandito limiar, Eliseo Alonso dixo: "Son pedras ben casadas ca sua paisaxe, as que recolle Florindo Alvarez nestes dibuxos co suxeridor engado dos brancos e negros, zugando no espíritu das formas acariñadas polos tempos e atmósferas da bocarribeira miñota.
O artista vai co seu lapis polos vieiros amados da nenez, recollendo testemuñas emocionales. Son dibuxos de andar camiños, detendose no acougo das prazas escoitando a cantiga namorada das fontes que convidan a beber ao caminante que pasa. Florindo, partindo desa liña emocioada, chega aos seus lugares, porque as liñas, coma neste caso, tamén son camiños nos que parte o dibuxante, arrincando as armonías das cousas como si fosen os ollares asombrados da primeira ves.
Deste xeito, con fonda sensibilidade, ofrecenos a visión realista, sinxela i evocadora dos eidos nativos que o rodean anímicamente. Nidias luces e somas, intres do ámago e o espíritu do artista consigo mesmo agromando nos corrunchos (...)".

Florindo Álvarez Martínez adicoulle o libro "A O Rosal que me viu nacer e ás súas pedras e paisaxes que me ensinaron a debuxar".
O libro sería reeditado en 2007, pola Fundación O Rosal.
Florindo Álvarez Martínez tamén editou e publicou "Monte de Santa Tecla. Histórico. Monumental", (A Guarda, 1984).
Florindo Álvarez Martínez, foi un artista xeneroso. Proba delo, témola na súa colaboura, entre outras, coa Comisión Pro-Fosa Común de Sestás, aportando unha obra da súa autoría - un dibuxo do poboado galaico-romano do Monte Santa Trega -, para contribuir, como o fixeron outros artistas galegos, institucions e entidades varias, de Asturies e de Galicia, e cidadáns en xeral, a facer posible o memorial da Fosa Común de Sestás.
Desde Infogauda saudamos o acordo municipal de adicarlle unha rúa o artista rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, pois consideramos que súa achega cultural co pobo que viu nacer, ben a merece.

Ningún comentario:
Publicar un comentario