16 de xul. de 2012

AMORÍN (TOMIÑO)

"O SON DOS BOMBOS DO MIÑO": UN ROTUNDO ÉXITO

 
 
Asociación Veciños de Amorín.
correo: avdamorin@gmail.com
www.damorin.es
Tlf: 698 17 07 78


O sábado 14 de xullo, celebrouse con extraordinario éxito, o encontro de bombos, O Son dos Bombos do Miño, en Amorín.

Organizado por a Asociación de Veciños e a Comisión de Festas Virxe da Agonía,   o evento comezou ás 9 e media da noite, co desfile de 7 grupos de bombos, procedentes das dúas beiras do río, de España e de Portugal.


Os grupos que actuaron foron:

“Treboeiros da Muimenta”, de Sobrada.
“Airiños Novos”, de Pinzás.
“Os Malinos”, de Arcos de Valdévez.
 “Treboada do Baixo Miño”, de Tomiño.
“Amigos do Bombino”, de Fontoura.
“Bomboslinho”, de Vila Nova de Cerveira.
“Bombos S. Tiago de Sopo”, de Cerveira.

Este evento, contou coa colaboración de Deputación de Pontevedra, o Concello de Tomiño e a Federación de Asociacións Terra Miño.

Todos os  grupos recibiron uns agasallos, consistentes nunha figura conmemorativa doada por a Deputación e unha cinta para os seus estandartes, doada por a Asociación de Veciños de Amorín e a Federación de Asociacións Terra Miño.

A entrega destes agasallos, foi feita por os representantes da organización D. Carlos Maceira (presidente da Comisión de Festas Virxe da Agonía), D. José Quinteiro (presidente da Asociación Veciños de Amorín), D. Modesto Rouco (presidente da Federación de Asociacións Terra Miño), D. Jesus Montero (concelleiro de Asuntos Sociais do Concello de Tomiño) e D. Pablo Baquero (deputado provincial).

Tras a súa actuación, todos os compoñentes destes  grupos, foron invitados a cenar pola Comisión de Festas da Virxe da Agonía.

O numeroso público asistente, disfrutou da posta en escea e da actuación dos grupos de bombos, pese ao frío da noite. Foi un extraordinario éxito.


Ningún comentario:

Publicar un comentario