|
Posted: 27 Jun 2012 01:55 PM PDT
A máis de catro meses da suspensión do servizo de recollida de animais por parte da Mancomunidade do Val Miñor, a bisbarra sigue sen formalizar unha solución ao tema. Por riba, o Pleno da Mancomunidade decidiu paralizar o expediente de adxudicación da recollida de animais abandonados, iniciado hai dous meses, e para o que xa había unha disposición orzamentaria de 40.680€, segundo información aportada polo concelleiro nacionalista Antonio Araúxo Quintas.

|
|
Posted: 27 Jun 2012 01:37 PM PDT
O goberno de Nigrán instalou unha Mesa sobre Violencia de Xénero co fin de atender esta problemática no eido municipal. A mesma estará integrada por representantes da Garda Civil, a Policía Local, a Subdelegación de Goberno, Servizos Sociais, e o Centro de Información ás Mulleres local, organismo que coordinará este grupo de traballo.

|
|
Posted: 27 Jun 2012 01:18 PM PDT
O camiño de Area Fofa, ao carón de Monteferro, é o acceso a praia do mesmo nome así como á cala de Punta Feitales, asemade de acceso a numerosas vivendas, "leva máis de dous meses en estado lamentable e cun enorme socavón que crece día a día coa indiferenza do goberno de Nigrán", denunciou esta tarde o concelleiro Juan González (PSOE).

|
|
Posted: 27 Jun 2012 12:50 PM PDT
-Este venres día 29 de xuño ás 22:00horas ábrese a undécima tempada das Xeiras do IEM.
- A Xeira estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM)

|
|
Posted: 27 Jun 2012 12:27 PM PDT
-Están abertas as inscricións para o curso "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas", organizado polo IEM e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

|
|
Posted: 27 Jun 2012 11:34 AM PDT
Como consecuencia das conversas mantidas con ela, de ter percorrido a unha velocidade pertinente o desordenado estudio-obradoiro no que traballa, de observar durante longo tempo a obra que produce, de meditar sobre algunhas percepcións miñas e outras tantas certezas, cheguei a conclusión de que ROSALÍA PAZO precisa dun tempo lento para traballar; de que ama e goza coa xestación e procesado de cada unha das partes da obra durante un tempo tan imprescindible para ela coma o aire que, a intervalos constantes, lle inunda os pulmóns. Estou convencido de que aquel tempo de pescuda, maduración, elaboración e perfeccionamento da obra que tanto necesitaba e atormentaba a Beethoven, na distancia, é compartido en silencio por Rosalía. Si ben, a ela, non sei si a atormenta.

|
|
Posted: 27 Jun 2012 11:16 AM PDT
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor xunto coa Plataforma SOS Sanidade Pública organizan a charla-coloquio "Que está a pasar coa Sanidade Pública?, o vindeiro domingo 1 de xullo ás 12 horas na Casa Veciñal de Couso.

|
Ningún comentario:
Publicar un comentario