- Pepe Carreiro visitou o CEIP da Cruz de Camos.
- Ata o 12 de xuño hai tempo para inscribirse no campamento de verán do Concello de Gondomar.
- O Novo Proxecto Común presenta moción para o cobro do IBI á Igrexa Católica en Gondomar.
- O Concello de Baiona entregou os premios do I Concurso de Tapas "Bai de Tapas".
- Cinco praias do Val Miñor e os dous portos deportivos de Baiona reciben a Bandeira Azul 2012.
- Chega "Monte Galiñeiro", o primeiro CD da banda Os Irmandiños de Vincios.
- Co Consello Sectorial dividido comezan hoxe as xuntanzas parroquias sobre o PXOM de Nigrán.
Posted: 06 Jun 2012 02:29 PM PDT
Os cativos do CEIP da Cruz de Camos viviron unha das xornadas educativas máis divertidas do ano. Pepe Carreiro, creador dos populares "Bolechas"visitou o centro e debuxou con eles este mércores 6 de xuño. Os rapaces viron como sobre o papel aparecían primeiro a lapis e logo con rotulador distintos personaxes das historias infantís. A actividade foi organizada polo equipo docente no marco do Proxecto de Normalización Lingüística do centro.
|
Posted: 06 Jun 2012 09:41 AM PDT
Ata o 12 de xuño hai tempo para inscribir aos cativos de entre 3 e 12 anos no "Gondoverán" organizado pola Concellería de Igualdade de Gondomar. O campamento que se desenvolverá nas instalacións do colexio Chano Piñeiro, ten un límite de 70 prazas, destinadas a fillas e fillos de traballadores de Gondomar. A actividade desenvolverase durante todo o mes de xullo.
|
Posted: 06 Jun 2012 05:19 AM PDT
O concelleiro Emilio García Crego (NPC-Gondomar), defenderá o cobro do IBI aos bens da Igrexa Católica no pleno municipal de Gondomar a celebrarse este xoves 7 de xuño. O mocionante sostén que a institución relixiosa "vive nun paraíso fiscal ilexítimo e presuntamente ilegal", onde goza de "enormes exencións fiscais", cando na súa opinión "a cidadanía sofre intensamente as desoladoras consecuencias da asfixiante crise económica".
|
Posted: 06 Jun 2012 04:31 AM PDT
|
Posted: 06 Jun 2012 04:16 AM PDT
A Fundación Europea de Educación Ambiental galardonou esta mañá coa Bandeira Azul 2012, ás praias Os Frades, Santa Marta e A Barbeira do concello de Baiona, así como as de Nigrán, Praia América e Patos. O mesmo galardón foi outorgado na categoría Portos ao Monte Real Club de Yates de Baiona e ao Porto Deportivo de Baiona.
|
Posted: 06 Jun 2012 01:40 AM PDT
|
Posted: 06 Jun 2012 01:02 AM PDT
O goberno de Nigrán comeza este mediodía unha rolda de xuntanzas nas sete parroquias do municipio cara a informar aos representantes das asociacións do Consello Sectorial sobre os contidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Nun principio as reunións terán unha duración de 1 hora e se limitarán ao tratamento de aspectos do documento só relativos ao ámbito das parroquias. A metade das asociacións do consello consultivo non estarán presentes por desaprobar a xuntanza diversificada por parroquias e principalmente pola falta de acceso ao documento.
O concello publica na súa páxina web 1 plano dos 91 documentos que conforman o PXOM completo, así como os informes sectoriais da Xunta de Galicia,.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario