5 de xuño de 2012

OIA

O desgoberno do PP hipoteca o futuro de Oia

Outra Ideia Alternativa
O orzamento municipal de 2012 nace totalmente hipotecado por unha pésima xestión do desgoberno municipal. O PP certifica con este presuposto municipal os anos de desgoberno. Nos últimos 4 anos gastaron moito, gastaron mal e gastaron sen control. Sen consignación orzamentaria, nin fiscalización previa en moitos casos, con contratos irregulares e sen concurso público en outros moitos, con contratos de mantemento para non manter nada, con arrendamentos tamén irregulares e a prezo de milla de ouro urbana, chegando a pagar 1.700€ por mes polo aluguer dun baixo en Oia, como se fose un local na Rúa Príncipe de Vigo.


Para este ano 2012, o desgoberno municipal presenta un orzamento para resistir no sillón cun salario que pagamos todos os veciños e veciñas. Nunha nave que está nas pedras, Leandro dedicase a facer política, de supervivencia pura e dura, para amarrarse o cargo.

O goberno do PP fíxoo sabendo que non debían facelo, desatendendo, de xeito reiterado, as advertencias da interventora municipal. A mala xestión e evidente, xa que gastan todo, apenas lle queda marxe de manobra e deixan a cero a partida de inversión. O problema é que as consecuencias imos a soportalo as veciñas e os veciños de Oia que pagando os mesmos impostos temos menos e peores servizos. Non é só que non haxa diñeiro para investimentos, e que, segundo eles mesmos afirman, nin sequera hai diñeiro para obras de mantemento nos colexios.

A evolución da xestión económica nos últimos catro anos de goberno é un desastre de xestión, a débeda é unha lousa para o futuro de Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario