- DePPutacións
- Baíña prepara a súa VI Folidada da Asociación Airiños da Lagoa.
- Inaugurado en Nigrán o I Torneo de Pádel Solidario co colectivo de persoas con parálise cerebral.
- Excelente acollida no I Trofeo de Tenis Benéfico escolar Concello de Gondomar
Posted: 04 Jun 2012 03:00 PM PDT
Unha prórroga que salvagarde o pendello provincial. Iso é o que procuran á desesperada algúns sectores do Partido Popular. Baltar e Louzán veñen de propor que as e os deputados provinciais sexan elixidos por sufraxio directo, nunha segunda urna en paralelo ás eleccións municipais. Máis un síntoma de esgotamento dunhas institucións, as deputacións provinciais, caducas e rexeitadas por amplas capas sociais. Precisamente cando no debate suma cada vez maior apoio a proposta de facer desaparecer as deputacións, o Partido Popular desprega de xeito oportunista o último cartucho para defenderen un dos bastións do seu poder institucional en Galiza.
|
Posted: 04 Jun 2012 02:22 AM PDT
Os veciños da parroquia de Baíña non deixarán que se apague o lume da música tradicional que acendeu oSerán deste pasado sábado en Baiona. Toca quenda á VI Foliada que xa prepara a Asociación Folclórica Airiños da Lagoa e que terá lugar o vindeiro sábado 9 de xuño na Casa dos Veciños de Baíña, a partir das 22 horas.
|
Posted: 04 Jun 2012 01:42 AM PDT
|
Posted: 04 Jun 2012 01:20 AM PDT
Máis de 100 cativos dos centros de ensino participaron do I Trofeo de Tenis Benéficodisputado onte no Pavillón Municipal de Gondomar. A actividade ademais de achegar unha xornada de ledicia e lecer nos participantes, permitiu acadar unha importante cantidade de alimentos que serán destinados ao almacén da Concellaría de Benestar Social.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario