5 de xuño de 2012

A GUARDA

Converxencia Galega informa do estado 


de abandono da


Praza de Santo Domingo de Guzmán

Reportaxe fotográfica: Grupo Municiapl Converxencia Galega / A Guarda

Cada pouco, recibimos “novedades” dos veciños que se acercan ata o Castelo de Santa Cruz, donde poden atoparse con rúas en estado total de abandono, ou unha plaza que está sendo invadida polas herbas e que pouco a pouco “vai perdendo a súa identidade”.

Non sabemos cando nin como foi, pero a realidade é que somentes queda o monolito que pouco a pouco está sendo “abafado” polas prantas que crecen  o séu arredor e que “disimulan bastante ben a desaparición da placa de bronce que se instalou co escudos cando a súa inauguración.


Seguimos insistindo que unha imaxe vale máis que mil palabras, ainda que este tipo de denuncias, según algún membro do equipo de goberno municipal, somentes sirven para tocalos…. Nos facemos pública unha realidade, logo os veciños son os que opinan da eficiencia, capacidade e responsabilidade deles.


Hai comentarios de todo tipo, que a placa “viaxou” que foi retirada por impago, e que a plaza foi visitada polos “amigos do alleo”, calquera das posibilidades non está lonxe da realidade, xa que o estado de abandono deste espacio de lecer, é abrumador. Levan animais de carga, tamén poden usalo? ¿E os veciños que por deporte, saúde ou aficción, camiñan tódolos días dende A Guarda a Oia, que vial poden usar? As persoas que recollen argazo, por donde o poden acercar a estrada? Hai moitas preguntas e moi poucas respostas.


Celso R. Fariñas

Ningún comentario:

Publicar un comentario