16 de maio de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 15 May 2012 03:18 AM PDT
acto-cemiterio-morgadans-13O pasado domingo 13 de maio, 35 veciños de Gondomar asinaron unhadeclaración voluntariade reafirmación da súa galeguidade "fronte un dos momentos máis transcendentes da vida, o da morte", ca manda para os seu herdeiros "da protección do legado cultural e lingüístico de Galicia". Entre outras manifestacións, os asinantes rexistraron o seu pedido expreso de ser lembrados nas súas lápidas cunha inscrición en lingua galega. O acto tivo lugar no marco da iniciativa "En Galego agora e sempre", que desenvolveuse na Entidade Menor Local de Morgadáns.

 
Posted: 15 May 2012 01:39 PM PDT
bibliotecadeNigranA campaña "Letras Vivas 2012" pechará o seu ciclo de actividades de animación á lectura para os máis pequenos, unha iniciativa da concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, en colaboración coa Xunta de Galicia, que comezara o pasado mes de maio.

 
Posted: 15 May 2012 04:10 AM PDT
concello gondomar- Nacionalistas denuncian: "É a primeira vez na historia que o Pleno de Gondomar aproba un préstamo sen saber as condicións económicas nas que vai ser concertado"
- A concelleira de Facenda, Natalia Salgueiro (CDL), asegurou que a firma da operación "axudará enormemente a sanear a economía local".

 
Posted: 15 May 2012 05:07 AM PDT
consellolocal-bng-gondomarO BNG de Gondomar informa que este martes 15 ás 20:30 horas, celebrará un encontro coa veciñanza de Couso na Casa Veciñal da parroquia. Ao mesmo concorrerán os novos responsables do Consello Local, integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.

 
Posted: 15 May 2012 01:32 AM PDT
VU24-SURFING001A concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude organiza un curso de surf destinado a mozas maiores de quince anos, co fin de fomentar a actividade deportiva feminina. O curso dará comezo o próximo 29 de maio. Para máis información e inscricións dirixirse ao CIM do Concello de Nigrán, na Estrada pola Vía 65, Panxón, ao teléfono 986383081 ou no correo electrónico cim@nigran.org.

 
Posted: 15 May 2012 12:54 AM PDT
Equipo-BMW-no-rally-da-UlloEste fin de semana celebrábase a V edición do Rallye Comarca da Ulloa, onde o equipo do BMW M3 estaba inscrito cos seus pilotos Fernando Silva e JJ Nieves.

 
Posted: 15 May 2012 12:34 AM PDT
Agencia-de-viajes-LemmingEste martes 15 de maio, a sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas, organizada por Espazo Lectura, estará dedicada á novela gráfica Agencia de viajes Lemming(Astiberri) do autor portugués José Carlos Fernandes. A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario