FESTAS DO SANTÍSIMO EN
PEDORNES
Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes
A parroquia de Pedornes (concello de Oia) celebra as festas do Santísimo
dende o 17 ao 19 de Maio. O día 17 comezarán as festas ás 11.00 h cunha sesión
vermouth que contará cun inchable (o Castelo Spiderman de 5 m de longo por 5,5
m de ancho) que estará instalado dentro do Centro Cultural, polo que se poderá
usar independentemente das condicións climatolóxicas), e será gratuíto para
todos os nenos que se acerquen por Pedornes. Pola tarde, a partir das 16.00 h,
os nenos poderán seguir gozando do inchable gratuíto ata que remate a xornada.
A partir das 19.00 h haberá bocatas de chourizo e de bisté a prezos populares.
Ás 20.30 h a banda de música “Escuela de Música de Mougás” que está formada
por uns 30 nenos dirixidos por D. Luís Giráldez dará un concerto no Centro
Cultural da parroquia.
O día 18, a partir das 16.00 h poderase gozar, de novo, do inchable gratuíto
ata que remate a xornada. A partir das 22.00 h a verbena estará amenizada pola
charanga “Nova Cubana” de Mougás e a orquestra “Ciudadevigo”.
O sábado día 19 comezará a xornada cunha salva de bombas e continuará con
pasarrúas a cargo da banda de música “Unión Musical de Salvaterra de Miño”. Ás
12.30 h celebrarase a misa solemne con sermón e procesión, que estará cantada
pola Coral Vagalume de Oia.
Xa pola tarde, ás 19.30 h a citada banda de música
de Salvaterra de Miño ofrecerá un concerto no Centro Cultural. A última verbena
estará amenizada polo grupo “Acirema” e a orquestra “Nuevo Milenium”.
Os membros da comisión de festas deste ano aproveitan a ocasión para
agradecer moi sinceramente o esforzo feito polos veciños de Pedornes e dos
arredores para que estas festas sexan unha realidade nos tempos que corren.
Grazas e ¡Felices
Festas a todos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario