A Jamaican Session volta cos seus ritmos xamaicanos ao Xancarajazz
Tributo a LLoyd Brevett, Skatalites
Asociación Minho Reggae / Vigo
A Asociacion Cultural Minho Reggae e Antonio Rodríguez, xunto co seu colectivo de músicos, organizan este Sábado 19, a partir de media noite unha nova edición da Jamaican Session na sala viguesa Xancarajazz a ingreso 4€.
Os clásicos xamaicanos do reggae, do ska e do rocksteady da década dos sesenta e setenta serán os protagonistas dunha noite que promete, ademais de boa música, bo ambiente e tamén participación, porque todo aquel que o desexe e traia o seu instrumento poderá subir ao escenario para sumarse a unha noite máxica.
Temas de Jimmy Cliff, Eric Morris, The Skatalites, Arthur “Duke” Reid ou Don Drummond comporán o repertorio dunha sesión que interpretarán recoñecidos músicos da escena local, membros de bandas como, Transilvanians, Zamaramandi ou Meninos Carentes, baixo a dirección de Antonio Rodríguez, trombón de Transilvanians.
Abrirán a jamaican session, os seguintes músicos:
-Antonio Rodríguez (Trombonista de Transilvanians y Dakidarría)
-David Marín ( Bajista de Dakidarría)
-Kino "Little Cobra" (Baterista de Transilvanians)
-Xabi Vieitez (Teclista de Transilvanians)
-Javier Vicente (Guitarrista de Transilvanians y Zamaramandi)
Eles serán os encargados de interpretar eses clásicos que influíron en boa parte das bandas reggae da actualidade, introducindo novos matices que xurdirán da improvisación e do directo. Unha novaoportunidade que temos na cidade de Vigo de escoitar reggae, ska, e outros estilos xamaicanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario