O FESTICLOWN WIRIKUTA INAUGURARASE ANTE OS 50.000 ASISTENTES AO WIRIKUTA FEST
Iván Prado actuará este sábado 26 de Maio en
México DF xunto a Julieta Venegas e Enrique Bunbury dentro do Wirikuta Fest
O pallaso internacional Iván Prado, de orixe galega, actuará para as
50.000 persoas que encherán o Foro Sol do Wirikuta Fest, en México DF, en
solidariedade co pobo Huichol e en contra das minas a ceo descuberto que o
goberno mexicano “quere impor” na reserva espiritual do Deserto de Wirikuta
(San Luís Potosí).
Esta primeira
actuación será o pistoletazo de saída do Festiclown Wirikuta, festival de circo
solidario organizado por Pallasos en Rebeldía (colectivo de circo e clown
solidario), que se desenvolverá do 26 de Maio ao 10 de Xuño na República
Mexicana, en defensa das comunidades Huicholas e da súa reserva
ecolóxica-espiritual do Deserto de Wirikuta.
Festiclown Wirikuta
Pallasos en Rebeldía realizará actuacións en colexios e cárceres da cidade de
México, Galas de Circo Solidarias en cidades mineiras e poboacións do Deserto
de Wirikuta e pasacalles reivindicativos en manifestacións no Zócalo do DF.
Nunha intensa xira rebelde a favor dos pobos indíxenas e do seu patrimonio
cultural.
Artistas de México,
Colombia, Italia, Francia e do Estado Español, actuarán no Festival
altruistamente para defender os dereitos históricos das comunidades Wixárikas
(coñecidas en castelán como Huicholes), famosos no mundo enteiro por atesourar
un patrimonio cultural-ambiental e unha espiritualidade prehispánica única en
México.
Pallasos
en Rebeldía e o pobo Wixárika
Como
explica o Portavoz de Pallasos en Rebeldía e Director do Festiclown, Iván
Prado:
"Os Wixárikas son para a defensa ambiental e a riqueza cultural mexicana o
que os zapatistas son para a loita pola democracia e a xustiza en México”
afirma o artista logo de visitar ás Comunidades Huicholas, entre as numerosas
viaxes solidarias que realizou a terras mexicanas desde 1995 con Pallasos en
Rebeldía.
Durante estes 17 anos, Iván Prado apoiou e colaborou con diversas organizacións
indíxenas pola defensa da terra e os valores que ela inspira.
Entre esas amizades forxadas en México
atópanse a establecida con Masacalli, unha das organizacións culturais que
integra a Fronte de Defensa de Wirikuta, que xunto ao K Baret dels Refugiats e
o Cirko Demente conforman a rama mexicana do Festiclown Wirikuta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario