CLAUSURADA A EXPOSICIÓN MEDIOAMBIENTAL DO TALLER DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO COMENIUS REGIO
As fotografías son obra de Inés Montenegro, durante a realización do Taller de fotografía, incluido nas actividades de integración do Proxecto europeo Comenius Regio coa participación de alumnos do CPI e IES A Sangriña, e do San Xerome.
A exposición estivo aberta ó público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.
Estas son as impresións de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller.
“Duas persoas miran ó exterior a través dos mesmos barrotes: unha mira
o fango e a outra as estrelas”. Frederick Langbridge (1849–1922)
Nada hai máis sorprendente e enriquecedor que cinco, dez, quince persoas mirando a mesma paisaxe a través de distintos ollos, o mesmo obxecto a través de distintas perspectivas, a mesma luz a través de distintas cámaras. O longo de 7 meses temos aprendido que a diversidade é boa, pero que no fondo non somos tan diversos como creemos. O principio achegamonos uns os outros con ideas preconcebidas, con prexuizos , pero pouco a pouco a realidade os vai tumbando para deixarnos mirar a ilusión e as gañas de comunicar e de aprender o que hai en cada un de nos. Ó final, o bosque permitiunos mirar as árbores e apreciar raíces, copas e troncos sen máis filtro que o do traballo ben feito.
Inés Montenegro
Durante o Taller temos aprendido a combinar as cores, a buscar puntos de vista, a fixarnos no pequeno e no grande, a experimentar, a retratar persoas, a inventarnos fotos que non existían, a non darnos por satisfeitos cunha toma. Tamén temos ollado fotos, moitas fotos, de artistas contemporáneos e clásicos, e trasladamos o Taller a rua , a praia e o monte c ando fixo falta . O resultado é unha nova forma de mirar o mundo, que agardamos que siga con nos moito tempo para poder amosar a sua beleza pero tamén as suas vergoñas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario