|
Posted: 30 May 2012 07:15 PM PDT
A catedrática da Universidade de Vigo, Camiño Noia, veciña do Val Miñor, participará na XVIII edición de Ponte...nas ondas! o próximo venres 1 de xuño.
Camiño Noia visitou o Instituto gondomareño de Terra de Turonio, para impartir unha conferencia sobre o conto popular.

|
|
Posted: 30 May 2012 04:24 PM PDT
O BNG do Val Miñor organiza para este venres un acto público ao que asistirá oa deputado nacionalista Henrique Viétez para explicar o borrador da nova Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras nos concellos miñoráns.
No acto intervirán o presidente da Organización Galega de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o deputado do BNG no Parlamento galego, Henrique Viéitez.

|
|
Posted: 30 May 2012 04:00 PM PDT
Sons innovadores, diferentes, clásicos pero modernos: o escenario de portAmérica reunirá aos londiniensesKitty, Daisy & Lewis con Depedro, Corizonas e a Dj máis coñecida en España da música indie-electro, Eme DJ, do 19 ao 21 de xullo en Porto do Molle, Nigrán, no primeiro festival internacional que pretende dinamizar e conectar o talento que actualmente existe en Europa e América.

|
|
Posted: 30 May 2012 01:32 PM PDT
A ANPA do colexio Chano Piñeiro de Gondomar presentou unha petición ao Concello de Gondomar onde solicita á administración local que en conxunto coa Xunta de Galicia asuman a xestión do comedor escolar do centro. O reclamo presentouse por rexistro o pasado martes acompañado de 71 escritos contendo 82 sinaturas que foron recolleitas nunha campaña durante o mes de maio.

|
|
Posted: 30 May 2012 02:00 AM PDT
A Aula de Cultura Ponte de Rosas acollerá presentación do libro Dark Butterfly, do que é autora a escritora e crítica Rexina Vega. O acto terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, av. da Feira, 10, baixo, o vindeiro xoves 31 de maio ás 20:30 horas.

|
Ningún comentario:
Publicar un comentario