31 de maio de 2012

A GUARDA

11 MEDALLAS NO GALEGO DE ATLETISMO PARA OS DEPORTISTAS DO SAN XEROME


Podium da proba de 800 m . da  máxima  categoría de competición, na que os nosos deportistas Borja Cadilla (A Guarda)  e Luis Sández (Tui) foron primeiro e segundo respectivamente.

José Carlos González Blanco / A Guarda

As probas disputaronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa; a organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais (FEGADDI).  Participaron un total de 14 Clubes da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de participación:  Competición, categoría adaptada e xogo.

Na máxima categoría, ou sexa Competición , os  nosos medallistas foron:
  • Borja Cadilla (1º en 800 m. e 2º en 3000 m.)
  • Luis Sández (2º en 800 m.)
  • Amparo Ferreira (1ª en 3000 m.)
  • Maite Santos (1ª  en 1500 m.)
  • María F. García (3ª en lanzamento de peso)

Na segunda categoría  (Adaptada):
  • Maite Barros (1ª en 150 m. e 1ª en 400 m.)
  • Carmen Verde (1ª en 60 m. e  2ª  en 150 m.)

Na terceira categoría (Xogo):
  • Rosa María Alvarez (1ª en 60 m.)
  
Non conseguiron medalla nesta ocasión: Diogo Cordeiro (Competición) , Paco Varela (Adaptada) e Raquel Rodríguez (Xogo).




A actividade deportiva remata este ano coa participación  de 8 deportistas do noso Club, representando a Galicia  no Campionato de España de seleccións autonómicas (San Fernando – Cádiz).  Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala),  Maite Barros, María F. García, Amparo Ferreira, Rosalía González e Maite Santos (Baloncesto).  Formará parte da expedición galega  como adestradora de baloncesto a nosa compañeira Tere Piñeiro.
  
Como en anos anteriores, e grazas a colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de xuño  teremos unha xornada  lúdico-deportiva no rio Tamuxe,  con diferentes actividades (piragüismo, …) para celebrar os éxitos da tempada deportiva.

GRACIÑAS!  A todos os que colaboraron dunha ou outra maneira  para manter vivo o noso Club deportivo,  nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario