Festival do Día das Letras Galegas organizado pola Agrupación Cultural Guardesa
Infogauda / A Guarda
A Agrupación Cultural Guardesa organiza hoxe o Festival do Día das Letras Galegas que comezará co desfile dos grupos participantes, saíndo da Alameda ás 17:00 horas en dirección ao Auditorio de San Bieito.
Participarán neste evento cultural o Ballet Studio 88, Bailando na Guarda, Grupo de Gaitas da 3ª Idade, Grupos de Gaitas A Boalleira, de A Gándara; Citania, do Colexio Solanas; A Ribeira do Miño, do Colexio A Sangriña; Quiringosta, de Goián; Churumbela, de A Guarda; Xamaraina, da A Guarda; Agrupación Folclórica Vento Mareiro, de A Guarda, e Os Pelouros, do Recreo Artístico Guardés.
Ao rematar o festival terá lugar a entrega de premios aos gañadores dos concursos de redacción e debuxo.
Os actos do Día das Letras Galegas continuará o venres 25 de maio coa homenaxe a Victoriano Rodríguez González, que terá lugar ás 21:00 horas no Centro Cultural de A Guarda.
Marisol Diz Amil, bibliotecaria do Concello de A Guarda, falará sobre Victoriano Rodríguez González. No decurso desta homenaxe actuarán o Coro Cantabile, dirixido po Lucía Alonso Castro, e o Grupo Antorcha, baixo a dirección de María José Baz Martínez.
Como ven sendo tradicional, a Agrupación Cultural Guardesa entregará nese acto unha publicación conmemorativa.
SIPNOSE BIOGRÁFICA DE VICTORIANO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Victoriano Rodríguez González naceu na Gándara (Salcidos), o día 26 de setembro de 1949.
Estudou na Escuela Nacional de Niños de A Gándara e fixo os estudos primarios con Don Generoso Coedo.
En 1968, estudou Formación Profisional, na especialidade de Mecánica do Automóbil no Instituto de Formación Profisional Acelerada de Vigo; e Formación Profisional na especialidade de Electricidade do Automóbil, no C.N.F.P. de Vigo, en 1982.
Desde sempre estivo vencellado a diversas asociacións culturais, reinvindicativas e deportivas.
Foi membro nas directivas de A.N.P.A.S. dos Colexios Manuel Rodríguez Sinde e A Sangriña; Federación de A.N.P.A.S do Baixo Miño; Agrupación Cultural Guardesa, Recreo Artístico Guardés, Clube de Remo Robaleira, P.S.de G.-P.S.O.E., e Presidente da Comisión de Festas do Monte Santa Trega, entre outras.
"Desde sempre foi un fiel reproductor e cronista das cousas da nosa bisbarra coas súas colaboracións tanto no libro das Festas do Monte como no libro da Festa das Mercedes, e Pascua de Buxán. Todos eles escritos dende o corazón e con un valor engadido: deixar as futuras xeneracions a testemuña dunha morea de situacións, feitos e datos que do contrario quedarían no esquecemento", salientaron Julia Sobrino González e María Soledad Diz Amil, Presidenta a Secretaria, respectivamente, da Agrupación Cultural Guardesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario