17 de maio de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 16 May 2012 02:36 PM PDT
cine imperial-O novo edificio municipal acollerá a primeira gala dos Premios Nigrán o vindeiro venres 18 de maio, ás 20 horas.
-O alcalde Alberto Valverde fará un recoñecemento público aos seis alcaldes da etapa democrática durante a velada.

 
Posted: 16 May 2012 11:13 AM PDT

casadaculturaA Concellería de Igualdade de Gondomar informa que abre inscricións para un curso gratuíto de Iniciación a Microsoft Word e Powerpoint. O mesmo está dirixido preferentemente a mulleres desempregadas e cuns coñecementos mínimos informáticos. O prazo para anotarse vence o vindeiro martes 29 de maio.

 
Posted: 16 May 2012 07:59 AM PDT
valentin-paz-andradeQue pasa se no Día das Letras Galegas non atopa á farmacéutica, ao panadeiro ou ao fontaneiro? E se a construtora non responde á súa chamada ao móbil? Ou na tenda de alimentación, esa que sempre está aberta, falta o xefe? Non terá máis remedio que darse unha volta polo Auditorio Municipal de Gondomar. Alí estarán todos eles, lendo poesía en tributo a un dos grandes empresarios e home de letras que tivo o país:Valentín Paz Andrade, cuxa obra conmemórase nesta edición 2012 das Letras.

 
Posted: 15 May 2012 04:10 AM PDT
concello gondomar- Nacionalistas denuncian: "É a primeira vez na historia que o Pleno de Gondomar aproba un préstamo sen saber as condicións económicas nas que vai ser concertado"
- A concelleira de Facenda, Natalia Salgueiro (CDL), asegurou que a firma da operación "axudará enormemente a sanear a economía local".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario