1 de maio de 2012

DEPORTES


Dúas xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino foron seleccionadas para o IX Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán.

Manuel Ángel Pombal Diego / A Guarda

As xogadoras Sara Alonso Barbosa e Marta Pombal Martínez do Atl. Guardés da división de honra infantil feminina foron seleccionadas para o IX Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán que se celebra este 1 de maio en Santiago de Compostela. Defenderán á selección da provicia de Pontevedra nos tres partidos que a enfrontará as seleccións das outras tres provincias galegas.
Os partidos desenvolveranse no pabillón de Pontepedriña co seguinte horario:
10.30 h A Coruña – Pontevedra
15.15 h Pontevedra – Lugo
17.15 h Ourense – Pontevedra
As normas do campionato indican que cada partido terá tres tempos de 12 minutos cada un. Nos dous primeiros tempos deben xogar equipos diferentes, o cal garante a participación das 14 xogadoras alomenos durante 12 minutos, xa que tan só se poderán facer cambios se hai algunha lesión. No terceiro tempo poderase aliñar calquera xogadora e poderanse facer trocos sen limitación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario