11 de abr. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 10 Apr 2012 05:14 AM PDT
muinos10 04_2012_2A Policía Autonómica e Augas de Galicia inspeccionaron esta mañá a canle do Río Muíños co fin de valorar e informar sobre as actuacións que está a desenvolver o Concello de Nigrán e que foran denunciadas polo PSOE por presuntas irregularidades. O concelleiro Juan González (PSOE) advertiu nesta xornada que "no día de onte desprazaron o caudal do río Muíños, encofraron e botaron formigón sobre o leito do mesmo", á vez que confirmou que os feito están en mans da Fiscalía.

 
Posted: 10 Apr 2012 06:23 AM PDT
revision medicaOs nenos das aldeas e zonas rurais non ten a mesma cobertura pediátrica cos que habitan nas cidades de Galicia. Á falla de medios e persoal dos centros de atención primaria os pediatras enfróntanse ao axustado dos recursos e as consecuencias dunha distribución xeográfica ineficiente. Así o fixo saber esta mañá a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGPap), durante o anuncio da VI reunión do colectivo a celebrarase na Facultade de Medicina, en Santiago o 14 de abril.

 
Posted: 10 Apr 2012 12:57 AM PDT
Dous locais na Estrada pola Vía e tres na Rúa Mar Cantábrico foron violentados e roubados na madrugada de onte en Nigrán. A escalada tivo como vítimas un centro de estética, unha sucursal de seguros, unha distribuidora de materiais de construción, unha inmobiliaria e apropia sede do PP de Nigrán.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario