O CLUB DEPORTIVO MIÑO-OS TEIXUGOS GAÑA A 2ª COMPETICIÓN DA COPA GALEGA DE SLALOM
Informa (Fotografías e texto): Rosa Fernández Carrera / Padrón
Este domingo celebrouse en Padrón a 2ª Competición da Copa Galega de Slálom coa participación de sete clubes de toda Galicia.
O Club Deportivo Miño acudiu con 13 deportistas de distintas categorías, tres dos cales non puntuaron pois foron de abridores, xa que pertencían a categorías de promoción.
Ao final da xornada Os Teixugos alzáronse un total de sete medallas: Tres medallas de ouro (dúas para Sara Vázquez nas categorías C1 e K1 muller xuvenil e outra para Laura Alonso en K1 muller cadete); dúas de prata (unha en K1 muller xuvenil para Andrea González e outra para Guillermo Martínez en K1 sénior homes); dúas de bronce (una para Laura Alonso en C1 muller xuvenil e outra para Marina Ruedas en K1 muller cadete).
Na suma final de puntos o Club Deportivo Miño-Teixugos quedou primeiro cun total de 217 puntos, seguidos polo Tea-Mondaríz con 139 e o terceiro lugar foi acadado polo Dumbría con 116 puntos.
1ª COMPETICIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM- IRÚN
Engadir que o 17 e 18 de marzo o club acudiu a localidade vasca de Irún para participar na 1ª Competición da Copa de España de Slálom, onde Guillermo Martínez e Claudia Otero entraron en Semifinais e chegaron a final Andrea González, que rematou octava, e Sara Vázquez, que se fixo coa medalla de ouro na categoría K1 muller cadete. Na clasificación por clubes , Os Teixugos remataron en octavo lugar.
A próxima cita será o 14 e 15 de abril na Seu D´Ugell, en Lleida, onde se celebrará a 2ª Competición da Copa de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario