
LUGAR DE EXCELENCIA TURISTICA???
Nestes días en que se escomenza a notar a afluencia de persoas que nos
visitan nestas datas, atopamos que moitos traen con eles folletos turísticos recollidos
noutras localidades e a traves dos cales, podemos atoparnos con sorpresas, e
que no séu momento pregunten por algún Referente Turístico, e teñan que levar
como resposta, que ese lugar está pechado e non é accesible de ningunha
maneira.
Non sabemos cando se fixo esta Guía Turística da Ruta do Viño “RIAS
BAIXAS”, entidade a que abonamos a nosa cuota para formar parte, pero polo que
se vé, supoñemos que baixo a dirección e indicación da Concellalía de Turismo
de A Guarda, ensalza e da como punto de máximo interés a visitar no nos pobo o
CASTELO DE SANTA CRUZ.
SIN COMENTARIOS
Si se fai unha lectura máis profunda de dita Guía, poderíamos poñer máis
cousas en dúbida sobre os criterios de selección dos puntos gastronómicos
recomendados se foron ofertados a tódolos negocios da nosa vila, ou si somentes
existentes Muíños de Vento nunha parte de A Guarda, pero iso é outro cantar, do
que teñen que comentar os veciños e visitantes, se a información que se oferta
en feiras e exposicións é veraz, equitativa e sirve para atraer, fidelizar e
manter visitantes no noso pobo.
Rexistro de Entrada nº 1974
DATA: 04-Abril-2.012
Ningún comentario:
Publicar un comentario