HOPE FOR YOUTH + ROJO DOS + VERITAS + banda sorpresa
Baixo Miño Hardcore presenta:
Unha velada inesquecible. Ideal pra todos aqueles aos que lles interese liberar tensións, berrar as cousas que non lle berra ao xefe, botar uns bailes pegados, facer algo de deporte, escoitar boa música, suar todas as calorías da cena, coñecer boa xente, compartir sentimentos diante dun escenario, coñecer o compañeirismo do hardcorepunk, e o máis importante ¡PASALO BEN!
COAS BANDAS:
HOPE FOR YOUTH. Segundo concerto nesta zona desta banda que nos deixou con tan bo sabor de boca a última vez. Toda a tralla charra de Salamanca presentando o seu novo 7” LUCHAR Y CRECER. Música comprometida. Vella escola moi divertida. Bótalle unha escoita:
ROJO DOS. Se Vigo é Hardcore é, sen dúbida, por bandas coma esta. Rabia hardcore dende Coia, presentando na Guarda o seu último traballo INSERT COIA:
VERITAS. Segundo concerto desta nova banda guardesa, que volven para deixar claro que teñen a intención de dar caña por moito tempo.
SÁBADO 14 DE ABRIL
NA SALA A GUAGUA,
A GUARDA
Vide a apoiar a escena local!
Que non morra!
A Guarda é Hardcore, A Guarda é Punk!
VAISE LIAR PARDA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario