30 de abr. de 2012

CULTURA

O POETA FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PRESENTOU NO INSTITUTO CERVANTES DE NEW YORK, SEU POEMARIO "PARA ABRIL Y AMANTES"



O poemario conta con un prólogo do escritor Antonio Muñoz Molina, e coa portada e debuxos interiores da pintora que reside na Guarda, Gemma Marqués Redondo



Infogauda / N. Y.

O pasado venres 27 de abril, tivo lugar no Instituto Cervantes de New York, a presentacion do libro bilingüe "PARA ABRIL Y AMANTES", do poeta galego Francisco Álvarez - Koki (A Guarda, 1957)
Con prólogo do escritor e académico de número da Real  Academia Española,  Antonio Muñoz Molina, e coa portada e debuxos interiores da pintora que reside na Guarda Gemma Marqués Redondo, "PARA ABRIL E AMANTES" foi editado en castelán e inglés, por Book Press. O acto foi presentado polo director do Instituto Cervantes e a presentacion do autor foi feita polo director da Academia Norteamericana o profesor Gerardo Piña Rosales. Logo o autor, o poeta de A Guarda Francisco Alvarez-Koki leería os poemas en castelán e o traductor tamén escritor Miguel Falquez Certain, leu en inglés.




Novas relacionadas

Ningún comentario:

Publicar un comentario